O Entroido comeza co soar das chocas a noite de ano novo, percorrendo as rúas e avisando que o entroido xa chegou.
O Entroido de Maceda xa ten o reconocemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, e este ano 2024 abrimos o entroido ca publicación no DOG, o xoves 25 de xaneiro de 2024 da incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Entroido galego, queda desde hoxe protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial nas súas diferentes expresións.
Este ano contaremos ca seguinte programación :
Sábado 20 de xaneiro:
Obradoiro de Mecos de Entroido
(Máis Información)
Sábado 27 de xaneiro
Enfelarte2024 (I Xornada de difusión do Entroido de Maceda)
Venres 02 de febreiro
Venres de Desmadre
Sábado 03 de febreiro
Fiadeiro de Carguizoi
Venres 09 de febreiro
Venres de comadres que rematará cunha cea as 21:30h
Sábado 10 de febreiro
Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
Baixada da Marela por Maceda acompañada de charangas e música.
Domingo 11 de febreiro
Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
Luns 12 de febreiro
Actividades infantís
Sábado 17 de febreiro
Enterro dos Mecos
Cartel deseñado por Antela Loreto Costa Muñoz.