Co título “Páxinas Pasando dos tellados polos Felos” chega unha edición non venal da editorial Amastra-N-Gallar na que se nos agasalla cunha colección extensa de imaxes obtidas polo poeta, filósofo, escritor e etnógrafo Emilio Arauxo.
Aínda que o libro comeza cuns textos sobor dos Felos, nesta ocasión colle enseguida peso a imaxe, 150 páxinas nas que se recolle documentalmente os ritos, a dinámica da máscara durante o percorrido dos Felos polas aldeas da Corga da Serra durante todo o entroido, mais concretamente o sábado. Nenos, carautas, chocas, xente que recorda os Felos e os que o viven por primeira vez, sentimentos, sensacións…
De forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson e Kasimir Lindengren lucindo carauta de Felo sobre un lago xélido.