Category Archives: Publicacións

“O Felo Canso”

O Felo Canso
O Felo Canso

Hai moito tempo, cando os animais falaban, nas noites de inverno a carón da lume, contaban contos e lendas os avós e as avoas ós seus netos e netas.

Ó longo dos anos foron transmitíndose, ó tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas.

Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer aos nenos e nenas.

Séptimo conto da colección Contos de Sempre, editado o 17 de maio de 2016 co título “O Felo Canso”, conto de tradición oral publicado pola Asociación cultural Aira das Mantas, recollido por Luis del Campo Prol e con ilustracións de David López González.

Libremente. (felos sempre serra)

Libremente. (felos sempre serra)
Libremente. (felos sempre serra)

Libro do escritor Emilio Arauxo baixo o título “Libremente. (felos sempre serra) editado por editoria ToxoSoutos no ano 2016.

Libremente.(felos sempre serra)

Autor: Araúxo, Emilio
Editorial:    Toxosoutos, s.l.
Año de edición:    2016
Materia:     Narrativa
ISBN:    978-84-944314-4-9
Páginas:    290
Idioma:    GALEGO

Os Felos homenaxean a Emilio Arauxo

O sábado 14 de febreiro de 2015, no salón multiusos do concello de Maceda homenaxeouse a Emilio Arauxo pola súa labor difusora do “mundo Felo” espallando a figura do Felo, dende os anos oitenta ata hoxe, por medio mundo.

Na homenaxe entregouselle un agasallo consistente nun libro coa colaboración de amigos e persoas achegadas a él con relación o Entroido.

Colaboradores: Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda, Helena Eriksson, Museo “Ramón Mª Aller” de Lalín, Patxi Bisquert, Celso Fernández Sanmartín, Dear Jorn H. Svaeren, Alain Cresson, Fernando Sabido Sánchez, Claude Royet-Journoud, Moxom, Xosé Lois Gutiérrez Failde, Concello de Maceda, Xoel Gómez, Candido Caneiro, Xulio (i) Calviño, Carlos Negro (IES Ramón Mª Aller Ulloa), Florence Pazzottu, O Lar dos Felos, José Juan Pérez Ramos, Santiago Prol, David Lespiau, Agnès Pataux, Mercedes Martinez Modroño, Isolina Pumar, Maria do Cebreiro, Xavier Paz, Rita Blanco, Federico Cocho de Juan.

Unha copia de este libro esta depositado na Biblioteca Pública de Maceda.

 

“A Festa do Entroido”

A Festa do Entroido
A Festa do Entroido

Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas. Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea. O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.

O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes.

Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.

O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.

O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos.

O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.

Publicado por Ediciones Trea, S.L o 12 de febreiro de 2014 dentro da colección Porta de Papel en galego, de 96 páxinas, ISBN: 978-8415078340

“Carnaval en Galicia”

Carnaval en Galicia
Carnaval en Galicia

Guía publicada pola Xunta de Galicia no ano 2014 onde se describen os Entroidos máis destacables de Galicia.

Prestan especial atención nun primeiro lugar os Entroidos considerados festas de interés turístico de Galicia que no momento de editar a guía eran o Carnaval de Xinzo de Limia, o  de Verín, o de Viana do Bolo, o de Cobres en Vilaboa, O de Laza, o de Manzaneda, e dos Xenerais do Ulla.

A continuación fan un repaso polas figuras e os entroidos galegos pasando polo desfile do Domingo de Piñata en Lourenzá, Lugo, os Felos de Maceda, Ourense, o Ravachol de Pontevedra, a Voda da Pita en Eiroás, Ourense, as Bonitas de Cartelle, Ourense, o Oso de Salcedo en A Pobra do Brollón, Lugo, os Boteiros de Vilariño de Conxo, Ourense, os Choqueiros da Coruña, os Vellaróns de Riós, Ourense, Os Vergalleiros de Sarreaus, Ourense e por ultimo os Volantes de Chantada, Lugo.

“Mascaradas de la península ibérica”

mascaradas-de-la-península-ibérica
mascaradas-de-la-península-ibérica

En 2014 Oscar J. González publica o libro “Mascaradas da península Ibérica” recompila a descrición detallada de 321 destas festas populares que se realizan arredor do solsticio de inverno e que dentro da singularidade de cada unha delas teñen diversos elementos comúns.

Un total de 321 fichas achega este libro en 724 páxinas, describindo as festas de mascaradas por 30 provincias españolas e cinco portuguesas. Algunhas desas fichas, ocupan máis de catro páxinas. E en todas elas, como estrutura xeral, o nome do pobo e a súa provincia, o título que se lle dá á festa e ao personaxe central, a data en que se celebra, a súa existencia permanente ou por tempadas, os personaxes que a acompañan e os instrumentos musicais que a amenizan. Aparecen ademais fotografías actuais, e en moitos casos testemuños antigos. Engádense ao final os informantes e os agradecementos a quen colaborou informando, así como bibliografía e notas.

Tamaño, 21 x 30 cms. Peso máis de 3 kg Encadenación en cartoné. Tapa dura, ISBN 9788461675340

Máis información:

mascaradaeuropea@hotmail.com

“Entroido y otras fiestas populares de Ourense”

entroido y otras fiestas populares de ourense
entroido y otras fiestas populares de ourense

Dentro dos cadernos de Urogallo chega no ano 2013 o caderniño de bolsillo: “Entroido y otras fiestas populares de Ourense” con ilustracións de Manuel Riveira Rendo.

A través de este libriño pretendese dar a coñecer que cada ano, miles de festas celébranse por toda Galicia, pobo, aldea, recuncho desta terra arte en festexos para honrar os seus santos, gastronomía, conmemorar vellas tradicións. Especialmente a provincia de Ourense que concentra gran parte de estas celebracións.

Selección das mais importantes e curiosas celebracións, especial mención o Entroido con gran variedade de máscaras e persoaxes.E como non, a Maceda e o seu Entroido co protagonista indiscutible:  O Felo.

Libriño de 13,5 x 9,5 cms. Impreso en papel estucado mate de 300 gs encadernado cunha espiral metálica e tapas transparentes de polipropileno mate. ISBN: 978-84-96328-44-0

Máis información:

Email: editorial@loscuadernosdeurogallo.es
Tfno: (+ 34) 677 51 19 16
Fax: (+ 34) 985 50 85 29
www.loscuadernosdeurogallo.es

“A grafía dos mapas”

A grafia dos mapas
A grafia dos mapas

“A grafía dos mapas” é un libro de 71 páxinas escrito por Lupe Gómez en galego, publicado pola editorial Toxosoutos no ano 2011 con ISBN 9788492792757.

Conta nas súas paxinas o relato da nena Fela e como esta nena vestida de Fela xoga cos Felos maiores e os sentimentos que nela esperta.

“O Ciclo do Entroido”

O-ciclo-do-Entroido-de-practica-social-comunitaria

Baixo o título de “O ciclo do Entroido de práctica social comunitaria a obxecto” recolle a modo de actas as conferencias do III congreso de Patrimonio Etnográfico do estudio sobre o Entroido, organizado polo Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo Fernández” e editado pola Deputación Provincial de Ourense. Coordinado por X. Antón Fidalgo Santamariña, Xosé Manuel Cid Fernández, Xulio Fernández Senra, Mariló Fernández Senra.

Documento de 108 paxinas que en 4 paxinas recolle a conferencia de titulo “Os Felos de Maceda” de Luís del Campo Prol con fotografías de Xoel Gómez con ISBN 978-84-693-0140-1
Dep. Legal OU 27-2010

Máis información:
RAIGAME
Apdo. 484
Telf/fax: 988 249493
32080 – Ourense
ccpraigamepublicacions@depourense.es
ccpxaquinlorenzo.depourense.es

“As caras do Entroido Ourensán”

As caras do Entroido Ourensan
As caras do Entroido Ourensan

Baixo o titulo “As caras do Entroido Ourensán” publica en marzo do ano 2009 a Deputación de Ourense un compendio que recolle textos e fotografías dos entroidos máis tradicionais non só da provincia de Ourense senón facendo referencia os entroidos veciños do resto da xeografía galega e tamén de Asturias, León e norte de Portugal.

Coordinado por Xosé Antón Fidalgo Santamariña e Domínguez Castro, Carolina, (tr.) Touza de Dios, María, (il.)

Libro de 376 páxinas; 25 x 24,5 cm. Edición rústica en galego, ISBN: 8496503968