Category Archives: Actividades

Enfaixando

 

O venres 22 de xaneiro citaronse no Multicentro felos veteranos para ensinarlle os nenos como deben ir enfaixados para que as chocas non os manquen e así poder aguantar a troula todo o día.

Algunhas nais amosaronse especialmente contentas xa que o non ser unha tradición na sua casa teñen quen lles axude a enfaixar como a resolver alghunas dubidas que teñen e que así os nenos vaian aprendendo dos seus maiores

.

Os bolouros

Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).

Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.

Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!

Comezo Entroido Maceda 2019

Comezo de Entroido Maceda 2019
Comezo de Entroido Maceda 2019

Tradicionalmente os Felos, este ano non ia ser distinto, fixeronse presentes por primeira vez no ano unha vez soarón as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 12 de xaneiro de 2016teremos unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorrerans as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel onumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Amenizados musicalmente pola “Charanga A Felga”. Venta dos tickets no concello 6€.

Xa comezou o Entroido.

Comezo Entroido Maceda 2016

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 2 de xaneiro de 2016 organizase unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Sairemos do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que queira acompañarnos polas rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos e celebrando ata altas horas.

Inscricións para a cea no Concello ou no Lar dos Felos (Tioira) antes do mércores 30 de Decembro. Prezo: 5€ / persoa.

Vinde con nós neste inicio do Entroido.

Entroidos Patrimonio Cultural Inmaterial

Hoxe, 14 de decembro de 2015 publícase no Boletín Oficial do Estado (B.O.E.) a resolución aprobada polo Goberno o pasado 25 de novembro de 2015 segundo a cal os entroidos españois terán consideración como Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na resolución enumera distintas modalidades de carnaval desenvolvidos en espazos pechados, en espazos abertos delimitados ou “En algunos ejemplos puntuales el espacio público se amplía para efectuar un recorrido entre dos poblaciones vecinas o por distintos barrios y aldeas, como sucede por ejemplo entre las mascaradas ourensanas que recorren diversas parroquias o aldeas”, tamén fai mención aos animais citando: “Presencia de animales ficticios y reales. Entre los animales ficticios, la presencia de la vaquilla es sin duda la más habitual. Alcanza un gran protagonismo en el conjunto de las mascaradas, asociada fundamentalmente a territorios ganaderos como Galicia, Castilla – León, Castilla-La Mancha, Madrid y Extremadura. En las fiestas de vaquillas, la presencia del animal no se limita al disfraz, sino que es el eje y protagonista de la celebración. La vaca simulada presenta características muy diversas, aunque el personaje siempre lleva unos cuernos y se dedica a perseguir y embestir en momentos determinados a otros personajes o al público en general.”

Tamen cita rituais como: : “– Lanzamiento de sustancias y otros juegos. En los Carnavales rurales ha sido habitual la costumbre de lanzar polvos, pelusas o ceniza con las que se ensucian a las personas participantes entre sí y a menudo también a los viandantes.

Por otra parte, las batallas con lanzamientos de harina o salvado de trigo perduran también en multitud de fiestas en las que un grupo de personas recorre el pueblo manchando de blanco a quien encuentran.”

E tamén a protección aínda que máis recente de desfílelos urbanos: “Carrozas y comparsas. De manera bastante más reciente, y fundamentalmente en el ámbito urbano se han generalizado los desfiles de peñas, comparsas y murgas acompañados por estructuras de carrozas o con cierta unidad temática. Dado que se trata de representaciones muy espectaculares en las que participa un gran número de personas, carecen de la espontaneidad de otros tipos de Carnaval y su expresión cobra sentido en el grupo homogéneo que incumbe a toda la población.”

O Goberno protexerá o carnaval en coordinación cos gobernos autonómicos, e catalogará, investigará e estudará o carnaval no país, ademais de velar pola súa protección e conservación para xeracións futuras.

Resolución Publicada
http://www.boe.es/boe/dias/2015/12/14/pdfs/BOE-A-2015-13574.pdf

Museo do Entroido Galego

O Museo Galego do Entroido inagurouse  o día 23 de ocubre  de 2015 . As obras comenzaron fai 14 anos e contaron con una inversión total de 600.000 euros. No museo podense atopar pezas de gran beleza de moitos entroidos galegos como: felos, peliqueiros, cigarrons, pantallas ,  oso de Salcedo, Entroido Ribeirao, xenerais de Ulloa, etc..

Debemos destacar dous traxes de principio do seculo XX,  un de pantalla e outro de felo, ademáis  da colección de máscaras de pantallas e felos tamen de principios de seculo.

O Museo esta situado en Xinzo de Limia no cruce entre as rúas Dous de Maio e Ladeira, no edificio da antiga Praza de Abastos recentemente restaurada.

Entroido: Interpretación Artística.

Exposicion conxunta Rita Blanco e Candido Caneiro
Exposicion conxunta Rita Blanco e Candido Caneiro

Un conxunto de imaxes da fotógrafa Rita Blanco e o escultor Candido Caneiro todo co lazo común do Entroido tendo ás Máscaras do Entroido ourensán como base de esta exposición.

A inauguración terá lugar o sábado, 1 Agosto, 2015 ás 20 h. na sala de exposicións no primeiro piso do castelo de Castro Caldelas e podes visitala durante o mes de agosto 2015 en horario de 10:00 – 02:00 p.m e 17 a 20 h.

A exposición conta co apoio da Adega Ronsel do Sil , Concello de Castro Caldelas , Concello de Maceda e da Asociación de Felos Corga da Serra.

Feira Gastronómica Xantar 2015

Dende o 4 ata o 8 de marzo celébrouse Xantar 2015 Ourense, o salón galego da gastronomía e turismo.

Unha feria que non deixa de medrar. Congrega a milleiros de persoas. E transforma o recinto feiral de Expourense no centro non só da restauración como cita de referente gastronómico de Galicia. Senon que tamén ofrece conferencias, charlas didácticas, presentacións literarias, concertos, …

En Xantar 2015 Ourense esta representados os sectores de Restauración, empresas e firmas comerciales, promoción turística, Institucións Autonómicas, Patroatos de Turismo, Concellos, Consellos Reguladores de Denominación de Orixen, Zonas geográficas protexidas, productos artesanais, festas gastronómicas, festas históricas, etc.

Dentro de este marco, o día sete de marzo estiveron presentes os Felos de Maceda interactuando cos visitantes.  Dando a coñecer o noso patrimonio.

Entroido Maceda 2015

PROGRAMA:

Sábado 7 febreiro, compadres Maceda 2015, ás 20:30 h “Pregón” e “Foguetazo” na Praza das Toldas e ás 21:30 h. Sorteo de agasallos e 2ª edición do porco untado na Aira das Mantas tendo a continuación a ruta de Pinchos

12 de febreiro, xoves de Comadres con saída do concello ás 20 h, cea no restaurante a Dilixencia con animación musical. Prezo 12 euros. Incribirse na oficina de cultura do Concello (telf 988 463001)

14 e 15 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. da praza das Toldas e percorrendo os Felos os pobos da Serra.

Sábado pola mañá recorrerán Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Percorrido Felos sábado

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra.

16 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza de Maceda.

Festa Infantil

17 de febreiro, martes de Entroido dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais (1º 100 €, 2º 50 €, 3º 30 €) Grupos de máis de 5 participantes (1º 160 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €, 4º 100 €)

Desfile Urbano 2015

18 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.

Percorrido Felos Maceda domingo 2015

Os domingos pola mañan reunense os Felos da Serra das localidades de Castro, Escuadro, Pias, Paioso, Barxela, Xinzo da Costa, etc…
Case sempre son homes . Saen do Restaurante A Dilixencia e vistense eli van percorendo a Serra de San Mamede e pasando por Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo, Carguizoy,
Sarreaus, Maceda.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Percorrido dos Felos de Castro ano 2015