
Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.
Sábado de Entroido, 14 de febreiro de 2026, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.
O evento será amenizado polas André Freixo de Cima Amarante e os Compeleteros Sao Cimao Amarante e Charanga A Felga de Maceda.
Verbena a cargo da Charanga Mekánica Rolling Band e Apocalipsis On Tour
Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración da Asociación Os Felos das 12 Parroquias
Este ano non é só un anuncio de festa, é unha declaración de principios.
A Marela, representa xente que vive do campo, no rural, defendendo o seu traballo.
Por iso, este Entroido, a Marela baixa coa xente do campo, cos gandeiros e agricultores que non se resignan a desaparecer.
Porque sen rural non hai futuro.
E sen dignidade, non hai festa, NON HAI ENTROIDO!!!