“Xungir non é esmorecer, senón medrar” en Carballo

Segue o viaxe desta exposición onde poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández na salade Exposicións do andar 1 no Pazo da Cultura en Carballo (A Coruña), dende o día 12 ata o 28 de febreiro do 2015, en horario de 18 a 21 h.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.

Actividades Escolares 2015

No Colexio Público Cardeal Quiroga Palacios de Maceda desenroláronse unha serie de actividades entorno o Entroido, centrándose especialmente na figura do Felo.

O día 16 de xaneiro no  CEIP de Maceda o conselleiro de Educación e Cultura Vázquez Abad visitou a exposición que o centro alberga estos días, a mostra fotográfica ‘Xungir non é esmorecer, senón medrar’, de Rita Blanco Fernández. Composta por más de unha trintena de imáxes, a exposición recolle a participación de Felos, Pantallas e Vergalleiros , co  obxetivo de difundir e mostrar a beleza  destas tradicions do Entoido ourensa. Durante seu percorrido pola exposición, Vázquez Abad destacou a necesidade de difundir os Felos, singulares figuras que, a pesar da sua similar apariencia, gardan significativas particularidades respecto os  mais conocidos Peliqueiros ou Cigarrons. Neste sentido, o conselleiro valorou e  agradezeu o traballo da asociación Felos da Corga da Serra de Maceda e do Concello de Maceda por acadar a recente declaración do entroido  de Maceda como Festa de Interés turístico de Galicia.

Ademais o 19 de xaneiro vistará un membro da asociación Felos da Corga da Serra para acercar a figura do Felos os nenos e como novidade explicaráselles a figura de outros entroidos como a Pantalla de Xinzo de Limia

Desfile dos Entroidos de Galicia en Santiago 2015

A cidade vella de Santiago de Compostela acolle o sábado 24 de xaneiro de 2015 a celebración de ‘Galicia Entroido’, exaltación dos Entroidos Galegos que encherá as rúas e a Praza do Obradoiro con toda a vistosidade das distintas tradicións. O obxectivo desta iniciativa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas, á vez que se dinamiza culturalmente a cidade de Santiago.

Entroidos Participantes:

Entroido de Maceda (Ourense)
– Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra)
– Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
– Entroido de Manzaneda (Ourense)
– Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza, Viana do Bolo, Cualedro, Riós e Vilariño de Conso. Ourense)
Entroido da Ulla – Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Teo, Touro, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. A Coruña – Pontevedra)

O programa previsto para esta xornada, que pode modificarse en caso de choiva, arrincará ás 11.00 h. da mañá cun percorrido dos distintos grupos polas rúas da zona vella de Santiago, e culminará na Praza do Obradoiro, onde cada un deles levará a cabo unha actuación representativa da súa tradición. O acto prolongarase ata as 14.30 h.

Programa:

12.00 hrs.: Saída do dos Felos dende a praza Cruceiro de San Pedro e pasando pola Rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Rúa Casas Reais, Rúa Ánimas, Praza de Cervantes, Rúa Acibechería, Praza da Inmaculada, Arco do Pazo de Xelmirez e Praza do Obradoiro.
12.30 hrs.: Chegada dó desfile a Praza do Obradoiro
13.00 hrs.: ós sete grupos sairán xuntos da Praza do Obradoiro e desfilarán durante 1 hora polas rúas do casco histórico de Santiago de Compostela, pasando por: Rúa de Fonseca, Rúa do Villar, Praza do Toural, Rúa Nova, Rúa de Xelmirez, Praza das Praterías, Rúa de Fonseca e Praza do Obradoiro.
14.00 hrs.: Fin del acto

Celebración Festa Interese Turístico

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 3 de xaneiro de 2015 organizouse unha celebración con motivo do recoñecemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Máis dun centenar de persoas participaron nun singular desfile que partiu do salón multiusos do concello de Maceda, capitaneados polos Felos portando as chocas e a carauta soamente e seguidos pola xente disfrazada e a animación musical da charanga CBC percorreron as rúas de Maceda baixo a mirada estraña dos que non esperaban un desfile de Entroido en pleno Nadal.

O desfile continuo ata o Castelo de Maceda onde proseguiu a festa ceando todos xuntos e voltar o pobo para seguir a festa ata altas horas.

 

Cuotas Asociación Felos da Corga da Serra

Queda aberto o prazo para o abono da cuota de socio da Asociación Felos da Corga da Serra para o ano 2015, como ben sabedes somos unha asociación sen animo de lucro e as apartacións dos socios e unha parte importante da nosa financiación para poder seguir facendo cousas a favor da figura do Felo.

As cuotas non varían con respecto o ano anterior sendo 10 euros por persoa de forma individual pasando a 5 euros a partir do terceiro membro da mesma familia de forma familiar. Os menores de 16 anos non poden ser membros da asociación como tal por iso se debe facer socio un adulto e incluílos con el.

A cuota pódese abonar no “Lar dos Felos” en Tioira, na “Mercería Pili Pardo” en Maceda ou directamente con transferencia bancaria na conta ES03 2080 0416 6630 4000 8460 de Abanca. Non esquezades poñer no concepto o nome do socio.

Tamén podedes mercar unha reprodución da carauta de Felo, unha “mini carauta” feita en madeira que esta dispoñible na “Modista Pili Pardo”, na cafetería “Km 0” na albardaría “Turra” de Maceda, na casa rural “O Lar dos Felos” de Tioira, ou ben a través de esta mesma páxina no formulario que atoparas na páxina de Contacto.