Anuario Prensa 1999

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

Magosto Madrid

No ano 1999 a Asociación de Empresarios Galegos En Madrid (Aegama) convida o concello de Maceda para que colabore e organice a “Noite de Galicia en Madrid” no restaurante O Torreón da capital e participando activamente os Felos nesta animación e organización.

Na súa cuarta edición máis de 500 persoas participaron no tradicional encontro ‘A noite de Galicia en Madrid’, unha iniciativa impulsada polo empresario ourensano Melquíades Álvarez que ten como obxectivo reunir á colonia galega que reside en Madrid en torno á festividade de San Martiño, unha festa moitísimo arraigo en Ourense. Ademais, neste acto procedeuse á entrega do galardón ‘A Castaña de Ouro’ premio co que se pretende recoñecer o traballo desenvolvido por distintas personalidades en todos os ámbitos sociais e culturais en favor de Galicia.

A festa comezou ás oito da tarde cun popular magosto na explanada de acceso ao restaurante no que ademais de castañas e viño da Ribeira Sacra tamén se puideron degustar empanadas de berberechos e xamón da Cañiza. A cea foi a base de produtos exclusivamente galegos, como marisco de Ríalas, lacóns de Lugo, cachuchas e chourizos de Allariz, patacas e grelos procedentes de Xinzo, e unha sobremesa a base de bica de Castro Caldeas. A comida estivo acompañada por tintos e brancos galegos, e unha espectacular queimada puxo fin á celebración.

Entroido Maceda 1999

Cartel Entroido Maceda 1999
Cartel Entroido Maceda 19992

O Entroido 1999 tivo o seguinte programa:

Xoves 11 de febreiro conferencia de José Tarrio Fernández que ofreceu unha charla lúdica os nenos falando en xeral da celebración e da historia do Entroido na provincia de Ourense e en concreto da historia dos distintos elementos de esta festa en Maceda.

Sábado pola mañá coordinado polo Concello os Felos recorreron Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra e en Maceda animación musical a cargo da agrupación musical “Brisas do Miño”.

O martes pola tarde desfile dende a rúa “As Canteiras” desfile de Carnaval acompañado pola banda de gaitas de Maceda e a charanga “Os do Con” de Moaña”.

Desfile Entroidos en Madrid 1999

No ano 1999, o concello de Madrid organiza un gran desfile do Entroido onde tamén se fan presentes os Felos causando can sensación polas rúas da capital de España.

No desfile da capital de España contou este ano 1999 cun apartado especial sobre o Entroido galego organizado polo Centro Gallego de Madrid desfilando dende a Puerta de Toledo, Plaza de San Francisco, Calle Bailen, Calle Mayor, Ciudad Rodrigo e rematando na Plaza Mayor.

Nesta delegación galega cos Felos de Maceda participaron tamén a Banda de Gaitas do Centro Gallego en Madrid, e fanse presentes as figuras de outros Entroidos galegos como os “Xenerais do Ulla” de Teo, os “Cigarróns” de Verín e as “Pantallas” de Xinzo.