Un Felo en Arteixo

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio CEIP Galán de Arteixo un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

fotos cedidas polo colexio CEIP Galán de Arteixo

Comadres Maceda 2016

Celebración do xoves de comadres en Maceda. O vindeiro xoves 4 de febreiro de 2016 ás 20:00 h na Praza  das Toldas comezara a celebración do xoves de Comadres, día de troula para tódalas mulleres que se acerquen disfrazadas.

Para continuar a festa teremos unha cea no Restaurante a Diligencia de Maceda cun prezo de 10 € por persoa e con animación musical durante e despois da cea.

Tódalas mulleres interesadas en celebrar a cea de Comadres, deben facer a reserva no Restaurante a Diligencia rematando o prazo para apuntarse e facer a reserva o 3 de febreiro de 2016 ás 12:00 h.

Os Bolouros 2016

O sábado 30 de xaneiro de 2016 a asociación Felos da Corga da Serra en colaboración co concello de Maceda xuntaronse para recuperar a tradición “dos Bolouros” a partir das 19:30 h. na Aira dos Patos en Tioira.

Según o alcalde de Maceda, sobre 100 persoas correron o Entroido neste sábado corredoiro utilizando os Bolouros para tinguirse os homes as mulleres e as mulleres os homes.

Como final da festa celebrouse unha cea popular ca participación dos Taberneiros do Pobo.

Compadres Maceda 2016

O venres, 29 de xaneiro de 2016 deu comezo a celebración da Festa dos Compadres dentro do calendario festivo do Entroido.

Festa promovida polo Concello de Maceda iniciouse en torno as 19 h. na Praza das Toldas onde todos os asistentes disfrazados da mas variopinta maneira recorreron os establecementos do pobo onde disfrutaron dun pincho gratis en cada un dos establecementos colaboradores;: Bar Castillo, A Cervexeria, Km 0, Casa Rosa, Bar  Plaza, Pagas tú, Bar Agustín, O Pincho, Bar 2000, Restaurante a Dilixencia, Umpalumpa, Pub Agora Que.

Enfaixando

 

O venres 22 de xaneiro citaronse no Multicentro felos veteranos para ensinarlle os nenos como deben ir enfaixados para que as chocas non os manquen e así poder aguantar a troula todo o día.

Algunhas nais amosaronse especialmente contentas xa que o non ser unha tradición na sua casa teñen quen lles axude a enfaixar como a resolver alghunas dubidas que teñen e que así os nenos vaian aprendendo dos seus maiores

.

Os bolouros

Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).

Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.

Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!

Comezo Entroido Maceda 2019

Comezo de Entroido Maceda 2019
Comezo de Entroido Maceda 2019

Tradicionalmente os Felos, este ano non ia ser distinto, fixeronse presentes por primeira vez no ano unha vez soarón as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 12 de xaneiro de 2016teremos unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorrerans as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel onumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Amenizados musicalmente pola “Charanga A Felga”. Venta dos tickets no concello 6€.

Xa comezou o Entroido.

Libremente. (felos sempre serra)

Libremente. (felos sempre serra)
Libremente. (felos sempre serra)

Libro do escritor Emilio Arauxo baixo o título “Libremente. (felos sempre serra) editado por editoria ToxoSoutos no ano 2016.

Libremente.(felos sempre serra)

Autor: Araúxo, Emilio
Editorial:    Toxosoutos, s.l.
Año de edición:    2016
Materia:     Narrativa
ISBN:    978-84-944314-4-9
Páginas:    290
Idioma:    GALEGO

Comezo Entroido Maceda 2016

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 2 de xaneiro de 2016 organizase unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Sairemos do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que queira acompañarnos polas rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos e celebrando ata altas horas.

Inscricións para a cea no Concello ou no Lar dos Felos (Tioira) antes do mércores 30 de Decembro. Prezo: 5€ / persoa.

Vinde con nós neste inicio do Entroido.