O venres 24 de Febreiro a partir das 20:00 h na Praza do Felo en Maceda xuntaronse as Mulleres da bisbarra para participar no venres de comadres.
Os grupos mais nutrido foron as diablesas e un grupo de tunas. Pero non podemos esquecernos de un grupiño de avoas que instalaron o lavadoiro na praza e ali mesmo estenderon a sua roupiña.Por alí pasaron todo tipo de persoaxes dende paiasas ata arlequins e unha variedade de fauna propia de estes tempos.
Houbo animación musical durante o percorrido. A cea no Restaurante a Dilixencia a partir das 21:30 h. Prezo: 10 € con animación musical durante a cea.