Percorrido Felos Maceda sábado 2017

Sábado 25 de febreiro os felos  percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Este ano Helena Eriksson voltou a vestirse de felo (por terceiro ano) acompañada de Emilio Arauxo .

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

Este ano a comida foi na Dilixencia (Maceda), como novidade os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 5€ . A Asociación pagou  o importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.