Tag Archives: Felos Xantar 2017

Feira Gastronómica Xantar 2017

O domingo día 5 de febreiro de 2017, como acto importante da 16ª edición de “Xantar” Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrou nas instalacións de Expourense dedicaran o día os Patrocinadores e Colaboradores de “Xantar” con dedicación especial o Camino de Santiago, Concello de Maceda, Concello de Arnoia, Concello de Sober, Concello de Vila de Cruces, Concello de O Barco de Valdeorras e á Federación Galega de Concellos e Provincias.

Así como día especial de Maceda estiveron presentes os Felos feleando polos pasillos da feira invitando os asistentes a feira a visitar Maceda. Tamén destacar a presencia no stand de Maceda dun traxe de Felo cunha antiguedade superior os cen anos.

Tamén tivo lugar unha edición especial do menú que se degustou durante os días do salón elaborado por Carlos Parra, cociñeiro e xerente do Hotel Monumento Castelo de Maceda consistente en:

– Táboa de xamón de porco criado con castañas.
– Coxas de paspallás en escabeche.
– Filloas de lacón con grelos.
– Boletus estofados.
– Medallóns de solombo de Porco Celta á prancha con compota de mazá e froitos vermellos ou Cabrito asado ao estilo da serra con ensalada.
– Torrijas de bica con xeado de castaña e sirope de licor café.

Pan e viño D.O. Ribeira Sacra.