O sábado 22 de febreiro de 2020 os Felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano recibiron os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Queremos incidir en que apesar de que case todo o mundo se comporta civilizadamente algúns personaxes que pasan polos nosos pobos comen e beben nas nosas mesas e deixan o lixo tirado no chan ou en calquer sitio que non corresponde. Recordarvos a todos que esta festa é nosa. Dos nosos pobos e das nosas xentes, que estamos tan orgullosos dela que nos encanta compartila, pero isto non é un botellón, nin a escusa perfecta para comer e beber gratis. Pedimos RESPECTO
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.