Queda aberto o prazo para o abono da cuota de socio da Asociación Felos da Corga da Serra para o ano 2015, como ben sabedes somos unha asociación sen animo de lucro e as apartacións dos socios e unha parte importante da nosa financiación para poder seguir facendo cousas a favor da figura do Felo.
As cuotas non varían con respecto o ano anterior sendo 10 euros por persoa de forma individual pasando a 5 euros a partir do terceiro membro da mesma familia de forma familiar. Os menores de 16 anos non poden ser membros da asociación como tal por iso se debe facer socio un adulto e incluílos con el.
A cuota pódese abonar no “Lar dos Felos” en Tioira, na “Mercería Pili Pardo” en Maceda ou directamente con transferencia bancaria na conta ES03 2080 0416 6630 4000 8460 de Abanca. Non esquezades poñer no concepto o nome do socio.
Tamén podedes mercar unha reprodución da carauta de Felo, unha “mini carauta” feita en madeira que esta dispoñible na “Modista Pili Pardo”, na cafetería “Km 0” na albardaría “Turra” de Maceda, na casa rural “O Lar dos Felos” de Tioira, ou ben a través de esta mesma páxina no formulario que atoparas na páxina de Contacto.