Category Archives: Fotos e Videos

Os Felos paseanse por Quiexumes dos Pinos

Ourense con Sentimento
Ourense con Sentimento

Despois de 3 anos sen presentar novo espectáculo, chegou: “Ourense con sentimento” de “Queixumes dos Pinos”. É un espectáculo de Folclore, música, danza, audiovisual e teatro achega a Ourense, das súas paisaxes, as súas xentes, os seus costumes.

É como un musical referenciado en Ourense onde tradición e modernidad dan lugar a este Ourense Con Sentimento.

A organización do Espectáculo “Ourense con Sentimento” xorde con motivo de dar a coñecer a provincia de Ourense desde un punto de vista diferente. Unha historia na cal dúas anciás falan da súa Ourense e levánnos a unha visión particular do que é Ourense. É un espectáculo no que se mestura o audiovisual co musical e folclórico.

Trátase dun espectáculo no que se percorrerá a Ribeira Sacra co viño e o afilador, un paseo polos magostos como festa central de Ourense, unha visión do carnaval de Ourense cos Felos de Maceda, Troteiros de Bande e Cabreiros de Lobios, un paseo polo rio Miño e as súas augas termales finalizando coas festas patronales e as súas procesións, todo iso baixo o folclore a música, o canto e o audiovisual. Un espectáculo diferente e innovador.

O espesctáculo poderase ver no Teatro Principal en Ourense o 8 de abril do 2017 as 20:30.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-principal-de-ourense/7294–queixumes-dos-pinos-presenta-ourense-con-sentimento.html

Exposicións sobre o entroido

O centro cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Senlleiro e ancestral: As caras do entroido ourensán, do pintor José Manuel SánchezAhora que rematou o Entroido, podemos disfrutar de tres exposicions sobre o entroido ourensa:

No Cercano presentouse  Estampas máxicas do entroido de Ourense  composta por dezaseis postais. A técnica empregada é o colage sobre fondo plano -negro-,  que reforza o aspecto da máscara proxectada, do pintor Baldomero Moreiras.

No Museo Etnolóxico de Ribadavia podemos ver a  exposición fotográfica Xunguir non é esmorecer, senón medrar, de Rita Blanco . O traballo da fotógrafa centrase  nos persoeiros do entroido ourensá, con especial protagonismo de figuras como os felos, as pantallas o os vergalleiros. Podrase ver ata o 30 de marzo

O centro cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Senlleiro e ancestral: As caras do entroido ourensán, do pintor José Manuel Sánchez,  de A Merca. Un percorrido por os traxes y personajes típicos de este entoido como son a Pantalla de Xinzo de Limia, o Cigarrón de Verín, o Peliqueiro de Laza o el Felo de Maceda. Son 22 pezas todas feitas en acuarelas.

Desfile Urbano 2017

Como todos los anos celebrouse en Maceda o desfile de entroido,  os felos encabezaron singular desfile de carrozas e comparsas que un momento de cese da choiva sairon dende a rúa das Canteiras, baixando ata a praza luciendo diante da xente que esperaba nas beirarúas o paso da comitiva.

 Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). Todas as carrozas non premiadas terán un accésit de 40 €.

Fotos do desfile Martes de Entroido 2017

Percorrido Felos Maceda domingo 2017

O domingo 26 de febreiro os Felos  percorreron Pías, Castro,  Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e Maceda

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

 A comida foi na Dilixencia (Maceda), como novidade os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 5€ . A Asociación pagou  o importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da

Fotos cedidas por Anxo López

http://www.flickr.com/photos/anxolop

Baixada da Marela 2017

O sábado 25 de febreiro de 2017 tivo lugar a cuarta edición da solta da Marela, organizado pola Asociación O Cruceiro de Maceda realizaron a solta dende o Bar Indio ás 20:15 horas.

Ca animación musical a cargo da “Charanga BCB” os tradicionais acompañantes da Marela guiarona polas rúas de Maceda.

 

Percorrido Felos Maceda sábado 2017

Sábado 25 de febreiro os felos  percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Este ano Helena Eriksson voltou a vestirse de felo (por terceiro ano) acompañada de Emilio Arauxo .

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

Este ano a comida foi na Dilixencia (Maceda), como novidade os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 5€ . A Asociación pagou  o importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

 

Comadres Maceda 2017

O venres 24 de Febreiro a partir das 20:00 h na Praza do Felo en Maceda xuntaronse as Mulleres da bisbarra para participar no venres de comadres.

Os grupos mais nutrido foron as diablesas e un grupo de tunas. Pero non podemos esquecernos de un grupiño de avoas que instalaron o lavadoiro na praza e ali mesmo estenderon a sua roupiña.Por alí pasaron todo tipo de persoaxes dende paiasas ata arlequins e unha variedade de fauna propia de estes tempos.

Houbo animación musical durante o percorrido. A cea no Restaurante a Dilixencia a partir das 21:30 h. Prezo: 10 € con animación musical durante a cea. 

Foliada en Carguizoy 2017

Recuperando as xuntanzas que se facían nunhas épocas nas que as palleiras tomaban protagonismo como sitios de reunión e de festa, para disfrutar da amistad dos veciños e de todos aqueles que se queixaran sumar xurdiu un “Foliada” o sábado 18 de febreiro de 2017.

Como sería normal, convocados polo sonar das chocas dun grupo de felos sumaronse nunha palleira en Carguizoi panderetas, gaitas, pandeiros, e moita xente con ganas de foliada.

Eiqui algunhas das imáxenes testimuña do que se viviu ali:

Actividades Escolares 2017

Un ano mais a asociación achega a figura do felo os mais cativos.O día 15 de febrerio de 2017 a  asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a Colexio Público Jose García García en Mende, Ourense para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Fotos cedidas polo colexio.

Cartaz do percorido dos felos polos alumnos do IES San Mamede

Un ano mais o IES SAN MAMEDE de Maceda en colaboración coa Asociación Felos da Corga da Serra e do concello de Maceda organizou un concurso de carteis sobre a figura do felo, que se empregou para facer o cartaz do percorrido dos felos pola serra,entre os alumnos de terceiro da Eso durante o curso escolar 2015-2016.

Agradecer un ano mais a colaboración do instituto e dos alumnos.

e mostravos os carteis participantes