Category Archives: Actividades

Entroido Maceda 2000

Comeza o Entroido ca presenza dos Felos, saíndo dende o día de aninovo en pequenos grupos, parellas de Felos que fan repenicar as chocas polas aldeas da serra de San Mamede facéndose presentes de cando en vez na vila de Maceda.

O sábado o concello coordina e organiza o itinerario tradicional xa polas aldeas do municipio facendo un descanso para celebrar unha comida popular no restaurante a Dilixencia cos Felos, fotógrafos e membros da prensa, e persoas que os acompañan durante todo o día.

O luns, para os nenos,  organizase unha festa infantil no pub “Ben Compre” e para os máis maiores un festival con baile de disfraces no Centro Social.

Magosto Madrid

No ano 1999 a Asociación de Empresarios Galegos En Madrid (Aegama) convida o concello de Maceda para que colabore e organice a “Noite de Galicia en Madrid” no restaurante O Torreón da capital e participando activamente os Felos nesta animación e organización.

Na súa cuarta edición máis de 500 persoas participaron no tradicional encontro ‘A noite de Galicia en Madrid’, unha iniciativa impulsada polo empresario ourensano Melquíades Álvarez que ten como obxectivo reunir á colonia galega que reside en Madrid en torno á festividade de San Martiño, unha festa moitísimo arraigo en Ourense. Ademais, neste acto procedeuse á entrega do galardón ‘A Castaña de Ouro’ premio co que se pretende recoñecer o traballo desenvolvido por distintas personalidades en todos os ámbitos sociais e culturais en favor de Galicia.

A festa comezou ás oito da tarde cun popular magosto na explanada de acceso ao restaurante no que ademais de castañas e viño da Ribeira Sacra tamén se puideron degustar empanadas de berberechos e xamón da Cañiza. A cea foi a base de produtos exclusivamente galegos, como marisco de Ríalas, lacóns de Lugo, cachuchas e chourizos de Allariz, patacas e grelos procedentes de Xinzo, e unha sobremesa a base de bica de Castro Caldeas. A comida estivo acompañada por tintos e brancos galegos, e unha espectacular queimada puxo fin á celebración.

Entroido Maceda 1999

Cartel Entroido Maceda 1999
Cartel Entroido Maceda 19992

O Entroido 1999 tivo o seguinte programa:

Xoves 11 de febreiro conferencia de José Tarrio Fernández que ofreceu unha charla lúdica os nenos falando en xeral da celebración e da historia do Entroido na provincia de Ourense e en concreto da historia dos distintos elementos de esta festa en Maceda.

Sábado pola mañá coordinado polo Concello os Felos recorreron Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra e en Maceda animación musical a cargo da agrupación musical “Brisas do Miño”.

O martes pola tarde desfile dende a rúa “As Canteiras” desfile de Carnaval acompañado pola banda de gaitas de Maceda e a charanga “Os do Con” de Moaña”.

Desfile Entroidos en Madrid 1999

No ano 1999, o concello de Madrid organiza un gran desfile do Entroido onde tamén se fan presentes os Felos causando can sensación polas rúas da capital de España.

No desfile da capital de España contou este ano 1999 cun apartado especial sobre o Entroido galego organizado polo Centro Gallego de Madrid desfilando dende a Puerta de Toledo, Plaza de San Francisco, Calle Bailen, Calle Mayor, Ciudad Rodrigo e rematando na Plaza Mayor.

Nesta delegación galega cos Felos de Maceda participaron tamén a Banda de Gaitas do Centro Gallego en Madrid, e fanse presentes as figuras de outros Entroidos galegos como os “Xenerais do Ulla” de Teo, os “Cigarróns” de Verín e as “Pantallas” de Xinzo.

Magosto en Ermua

A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco organiza un magosto no ano 1998 e invita a Maceda e aos seus Felos para participar nesta festa así como para promocionar produtos da zona.

Viaxe a Ermua

A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco, fai a invitación a Maceda e aos seus Felos para realizar a promoción dos produtos da nosa zona.

De este xeito, na primavera do ano 1998, 60 veciños encabezados polo alcalde e o tenente alcalde de Maceda viaxaron a Ermua con este fin.

Entroido Maceda 1998

Cartel Entroido Maceda 1998
Cartel Entroido Maceda 1998

O entroido arranca cos Felos percorrendo unha vez máis as rúas co estrondoso soar das chocas disfraxando por uns días a personalidade cotiá detrás das voluminosas máscaras talladas en madeira.

O domingo 22 de febreiro de 1998 bailaremos o son do grupo Xuntanza.

O martes 24 de febreiro de 1998 e despois da entrega de premios do desfile de Entroido polas rúas da vila de Maceda danzaremos ca Orquestra Ría de Vigo e a Agrupación Musical de Punxín.