O Museo Liste de Vigo en colaboración co Concello de Vigo e a Xunta de Galicia dentro da programación outubro-decembro 2008 do museo organiza unha exposición de “Máscara ritual en Galicia” aberta do 2 de agosto ao 30 de novembro de 2008 na que acolle unha mostra de máscaras rituais de Galicia, que encerran unha compoñente máxico ancestral: visión de deuses pagáns, ritos de fertilidade, maxia da caza… portadoras do poder de transformación, que gardan o engado da tradición e o misterio da súa orixe e está presente o Felo e a súa máscara.
Category Archives: Actividades
Feira Gastronómica Xantar 2007
Constituese a Asociación Felos da Corga da Serra
O 9 de outubro de 2003 constitúese a Asociación Felos da Corga da Serra co fin de canalizar, protexer e promocionar a figura do Felo.
Hai catro tipo de socios: os fundadores, os numerarios, que ingresan a posteridade da acta fundacional, os honorarios e os infantís.
Os principais fins desta asociación son: Promover o Entroido e a figura do Felo entre a xuventude, promoción, formación e integración social das aldeas da contorna de Maceda, desenvolvemento comunitario da localidade sen interese lucrativo algún, promoción da Lingua Galega, realización de actividades orientadas á xuventude, recuperación de tradicións e costumes, promocionar a figura do Felo entre a xente do concello.
Para levar a cabo os seus fins, a Asociación organizará as seguintes actividades: conferencias e charlas de difusión cultural, visitas a exposicións, protección do patrimonio artístico, actividades nos colexios para promocionar a figura do Felo, actividades encamiñadas á promoción da figura do Felo, organización de exposicións en xeral e cantas actividades se poidan realizar.
A actividade fundamental da asociación é o percorrido dos Felos a través das aldeas da Serra, o Sábado e o Domingo de Entroido. Os Felos saen a partir do San Antón ata o Martes de Entroido.
Entroido Maceda 2003
Durante o mes anterior o Entroido desenroláronse nos colexios de Maceda unhas unidades didácticas para achegar a figura do Felo os nenos e animalos para a festa.
O venres día 29 de febreiro conferencia no instituto de Maceda sobre os Felos.
Sábado, 1 de marzo percorrido dos Felos polos pobos da Serra de San Mamede visitando Castro de Escuadro, Cimadevila, Santirso, Pías, Sarreaus, Tioira, Barxela, Vilardecás e Xinzo da Costa, un cocido con tódolos participantes no Restaurante la Diligencia invitación do Concello.
Festa animada por charangas polas rúas da vila de Maceda o domingo día 2 de marzo.
Luns día 3 baile de disfraces no Centro Social a partires das cinco da tarde e festa infantil na disco pub “Aqua” entre as seis da tarde e as nove da noite.
Martes día 4 desfile de Carnaval Urbano polas rúas de Maceda dende as cinco da tarde e animación musical. Premios en categoría individual e grupo de hasta 5 membros de 90, 60 e 30 euros, grupos de máis de 6 participantes 120, 90 e 60 euros e para carrozas 150, 120, 90 y 60 euros sendo premiadas tódalas carrozas participantes con 30 euros.
Para rematar o mércores día 5 enterro do Entroido na praza das Toldas ás oito da noite con tódalas asociacións culturais e veciñais.
Entroido Maceda 2002
Arrancou o Entroido 2002 en Maceda e tivemos a seguintes actividades:
Dó 6 ó 19 de febreiro no Salón verde do Concello tivemos a exposición “Cultura da Máscara” con horario de 18 h a 20 h.
O sábado día 9 de febreiro percorrido dos Felos polas aldeas, sairon coma sempre da praza das Toldas ás 10:30 h.
O domingo polas rúas de Maceda animación musical ca Charanga “Lira”.
O lúns, dia adicado os nenos, Baile de disfraces no centro social ás 5
da tarde e festa infantil no disco-pub “Ben Compre” de h.
O martes día 12 o concurso de disfraces cos seguintes premios:
Individuais (ata 5 participantes) 1º 90€, 2º 80€ e 3º 30€
Grupos de 6 ou máis participantes 1º 120€, 2º 90€ e 3º 60€, os non premiados unha dotación de 30€
Carrozas 1º 150€, 2º 120€, 3º 90€ e o 4º 60€, os non premiados unha dotación de 30€
Animación músical ca Charanga “Sinolá” de Xinzo de Limia.
Rematouse o entroido o mércores 13 as 8 da tarde na praza das Toldas co Enterro do Entroido.
Exposición “Cultura da Máscara”
Maceda conserva ritos ancestrais coma os do Entroido por iso o Concello de Maceda intentando transmitir e refundir toda esa información nunha exposición que baixo o título “Cultura da Máscara” conten ademais das orixes, ritos e costumes, traxes… do Felo que é o personaxe tradicional do Entroido macedan conxuntamente co significado e similitudes con outras máscaras de México, Ecuador, Portugal, Zamora…
A exposición estará aberta no “salón verde” do Concello dende o día 6 ata o 12 de febreiro de 2002
Exposición no museo de Lisboa
O “Felo” vai collendo sona e facéndose un oco xa entre os Entroidos máis singulares e con personalidade propia e mostra desto resulta a exposición dun traxe de Felo en Lisboa no ano 2002.
Entroido Maceda 2001
O Entroido 2001 contou co seguinte programa de actividades:
Taller de confección de “carautas” no que o artesán Manuel Silva mostrou o proceso de elaboración das carautas que portan os Felos.
Exposición “O Entroido” do 19 ao 28 de febreiro no “salón verde” do concello sobre as orixes, ritos e costumes dos distintos
Entroidos na provincia de Ourense facendo especial dedicación o Entroido en Maceda e a súa figura primordial: “O Felo” con exposición de fotos recentes e antigas, traxes de Felo, paneis explicativos,…
Sábado día indiscutible do Felo recorrendo as parroquias e pobos da Serra de San Mamede..
Domingo animación polas rúas de Maceda coa charanga verinense “Salto do Cabalo”.
O luns e o día adicado os máis pequenos e o máis maiores. Festa de disfraces para os nenos na discoteca “Escape” e para os máis maiores no Centro Social.
O martes tivo lugar o Entroido Urbano cun desfile de grupos e comparsas polas rúas de Maceda premiando os máis vistosos nas categorías de mellores disfraces individuais, grupos e carrozas. Estiveron acompañados musicalmente ca charanga Sur Galego, de Salvaterra de Miño.
Exposición “O Entroido”
Dende o luns día 19 ao 28 de febreiro de 2011 o “salón verde” do Concello de Maceda acollerá baixo o título “O Entroido” unha exposición sobre as orixes, os ritos e os costumes do Entroido en Ourense, especialmente centrándose nos “Felos”, pero con representación das manifestacións sobre este tema mais representativas.
Recollera imaxes dos distintos lugares da provincia de Ourense, traxes de Felos, paneis explicativos da orixe, indumentaria, ritos e costumes do Felos, explicación e fotos das figuras máis relevantes da provincia, exposición fotográfica recente e antiga sobre os Felos e charlas-coloquio sobre o tema nas instalacións do concello de Maceda.
Máscara e charlas coloquio
Como complemento no Entroido do ano 2001 e ademais de presenciar os “Felos” “gobernando” por Maceda o Concello organiza á seguinte actividade:
Manuel Silva, un artesán mostrará o proceso de elaboración das máscaras que portan os felos. Todo o proceso de talla da madeira que forma a carauta así como o proceso de rematado, pintado da mitra, etc.
Organizase unha exposición da máscara en xeral e charlas-coloquio sobre o tema nas instalacións do concello de Maceda.