Category Archives: Actividades

Exposición “Cultura da Máscara”

Maceda conserva ritos ancestrais coma os do Entroido por iso o Concello de Maceda intentando transmitir e refundir toda esa información nunha exposición que baixo o título “Cultura da Máscara” conten ademais das orixes, ritos e costumes, traxes… do Felo que é o personaxe tradicional do Entroido macedan conxuntamente co significado e similitudes con outras máscaras de México, Ecuador, Portugal, Zamora…

A exposición estará aberta no “salón verde” do Concello dende o día 6 ata o 12 de febreiro de 2002

Entroido Maceda 2001

Cartel Entroido Maceda 2001
Cartel Entroido Maceda 2001

O Entroido 2001 contou co seguinte programa de actividades:

Taller de confección de “carautas” no que o artesán Manuel Silva mostrou o proceso de elaboración das carautas que portan os Felos.

Exposición “O Entroido” do 19 ao 28 de febreiro no “salón verde” do concello sobre as orixes, ritos e costumes dos distintos

Entroidos na provincia de Ourense facendo especial dedicación o Entroido en Maceda e a súa figura primordial: “O Felo” con exposición de fotos recentes e antigas, traxes de Felo, paneis explicativos,…

Sábado día indiscutible do Felo recorrendo as parroquias e pobos da Serra de San Mamede..
Domingo animación polas rúas de Maceda coa charanga verinense “Salto do Cabalo”.
O luns e o día adicado os máis pequenos e o máis maiores. Festa de disfraces para os nenos na discoteca “Escape” e para os máis maiores no Centro Social.
O martes tivo lugar o Entroido Urbano cun desfile de grupos e comparsas polas rúas de Maceda premiando os máis vistosos nas categorías de mellores disfraces individuais, grupos e carrozas. Estiveron acompañados musicalmente ca charanga Sur Galego, de Salvaterra de Miño.

Exposición “O Entroido”

Dende o luns día 19 ao 28 de febreiro de 2011 o “salón verde” do Concello de Maceda acollerá baixo o título “O Entroido” unha exposición sobre as orixes, os ritos e os costumes do Entroido en Ourense, especialmente centrándose nos “Felos”, pero con representación das manifestacións sobre este tema mais representativas.

Recollera imaxes dos distintos lugares da provincia de Ourense, traxes de Felos, paneis explicativos da orixe, indumentaria, ritos e costumes do Felos, explicación e fotos das figuras máis relevantes da provincia, exposición fotográfica recente e antiga sobre os Felos e charlas-coloquio sobre o tema nas instalacións do concello de Maceda.

Máscara e charlas coloquio

Como complemento no Entroido do ano 2001 e ademais de presenciar os “Felos” “gobernando” por Maceda o Concello organiza á seguinte actividade:

Manuel Silva, un artesán mostrará o proceso de elaboración das máscaras que portan os felos. Todo o proceso de talla da madeira que forma a carauta así como o proceso de rematado, pintado da mitra, etc.

Organizase unha exposición da máscara en xeral e charlas-coloquio sobre o tema nas instalacións do concello de Maceda.

Entroido Maceda 2000

Comeza o Entroido ca presenza dos Felos, saíndo dende o día de aninovo en pequenos grupos, parellas de Felos que fan repenicar as chocas polas aldeas da serra de San Mamede facéndose presentes de cando en vez na vila de Maceda.

O sábado o concello coordina e organiza o itinerario tradicional xa polas aldeas do municipio facendo un descanso para celebrar unha comida popular no restaurante a Dilixencia cos Felos, fotógrafos e membros da prensa, e persoas que os acompañan durante todo o día.

O luns, para os nenos,  organizase unha festa infantil no pub “Ben Compre” e para os máis maiores un festival con baile de disfraces no Centro Social.

Magosto Madrid

No ano 1999 a Asociación de Empresarios Galegos En Madrid (Aegama) convida o concello de Maceda para que colabore e organice a “Noite de Galicia en Madrid” no restaurante O Torreón da capital e participando activamente os Felos nesta animación e organización.

Na súa cuarta edición máis de 500 persoas participaron no tradicional encontro ‘A noite de Galicia en Madrid’, unha iniciativa impulsada polo empresario ourensano Melquíades Álvarez que ten como obxectivo reunir á colonia galega que reside en Madrid en torno á festividade de San Martiño, unha festa moitísimo arraigo en Ourense. Ademais, neste acto procedeuse á entrega do galardón ‘A Castaña de Ouro’ premio co que se pretende recoñecer o traballo desenvolvido por distintas personalidades en todos os ámbitos sociais e culturais en favor de Galicia.

A festa comezou ás oito da tarde cun popular magosto na explanada de acceso ao restaurante no que ademais de castañas e viño da Ribeira Sacra tamén se puideron degustar empanadas de berberechos e xamón da Cañiza. A cea foi a base de produtos exclusivamente galegos, como marisco de Ríalas, lacóns de Lugo, cachuchas e chourizos de Allariz, patacas e grelos procedentes de Xinzo, e unha sobremesa a base de bica de Castro Caldeas. A comida estivo acompañada por tintos e brancos galegos, e unha espectacular queimada puxo fin á celebración.

Entroido Maceda 1999

Cartel Entroido Maceda 1999
Cartel Entroido Maceda 19992

O Entroido 1999 tivo o seguinte programa:

Xoves 11 de febreiro conferencia de José Tarrio Fernández que ofreceu unha charla lúdica os nenos falando en xeral da celebración e da historia do Entroido na provincia de Ourense e en concreto da historia dos distintos elementos de esta festa en Maceda.

Sábado pola mañá coordinado polo Concello os Felos recorreron Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra e en Maceda animación musical a cargo da agrupación musical “Brisas do Miño”.

O martes pola tarde desfile dende a rúa “As Canteiras” desfile de Carnaval acompañado pola banda de gaitas de Maceda e a charanga “Os do Con” de Moaña”.

Desfile Entroidos en Madrid 1999

No ano 1999, o concello de Madrid organiza un gran desfile do Entroido onde tamén se fan presentes os Felos causando can sensación polas rúas da capital de España.

No desfile da capital de España contou este ano 1999 cun apartado especial sobre o Entroido galego organizado polo Centro Gallego de Madrid desfilando dende a Puerta de Toledo, Plaza de San Francisco, Calle Bailen, Calle Mayor, Ciudad Rodrigo e rematando na Plaza Mayor.

Nesta delegación galega cos Felos de Maceda participaron tamén a Banda de Gaitas do Centro Gallego en Madrid, e fanse presentes as figuras de outros Entroidos galegos como os “Xenerais do Ulla” de Teo, os “Cigarróns” de Verín e as “Pantallas” de Xinzo.