Category Archives: Actividades

Entroido Maceda 2016

Xa temos os días grandes do Entroido ei e este é o programa de actividades cas que contamos:

PROGRAMA:

Sábado 2 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información

Venres  29 de xaneiro, compadres Maceda 2016, ás 19:00 h daremos o comezo.+información

30 de xaneiro sábado, Festa dos Bolouros a partires das 19 h en Tioira. +información

4 de febreiro, xoves de Comadres. +información

6 e 7 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. da praza das Toldas e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información

6 de febreiro, sábado, a partir das 16:30 h emisión en directo dende a praza de Maceda do programa da TVG “Aqui Galicia” +información

6 de febreiro, sábado, a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila +información

8 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza ddas Toldas de Maceda. +información

9 de febreiro, martes de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). Todas as carrozas non premiadas terán un accésit de 40 €. +información

10 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.

Percorrido dos Felos pola Serra

Sábado pola mañá recorrerán Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo visitarán Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa, Barxela, Vilardecas, Carguizoy, Tioira e Maceda.

O sábado comida en Celeiron e o domingo no restaurante a Dilixencia. Anótate no Concello ou no Lar dos Felos, antes do xoves 4 de febreiro. Prezo 5 euros os acompañantes dos Felos. Os Felos non pagarán pero deberán retirar previamente os tickets para a comida.

Organiza Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Baixada da Marela 2016

O sábado 6 de febreiro de 2016, e por terceiro ano consecutivo tivo lugar a solta da Marela, organizado pola Asociación O Cruceiro de Maceda realizaron a solta dende o Bar Indio ás 19 horas.

Ademáis dos acompañantes tradicionais con antorchas contaron nesta ocasión ca “Charanga BCB” para guiar á Marela polas rúas de Maceda.

Actividades Escolares 2016

 A asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a

C.E.I.P. Vilar de Barrio , centro de educación infantil y primaria, para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Os días previos estivo  a exposición de fotos “Xunguir non é esmorecer senon medrar.  Unha serie de 30 imaxes sobre os distintos entroidos da zona  como son os Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo de Limia e Vergalleiros de Sarreaus.

 

Un Felo en Arteixo

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio CEIP Galán de Arteixo un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

fotos cedidas polo colexio CEIP Galán de Arteixo

Comadres Maceda 2016

Celebración do xoves de comadres en Maceda. O vindeiro xoves 4 de febreiro de 2016 ás 20:00 h na Praza  das Toldas comezara a celebración do xoves de Comadres, día de troula para tódalas mulleres que se acerquen disfrazadas.

Para continuar a festa teremos unha cea no Restaurante a Diligencia de Maceda cun prezo de 10 € por persoa e con animación musical durante e despois da cea.

Tódalas mulleres interesadas en celebrar a cea de Comadres, deben facer a reserva no Restaurante a Diligencia rematando o prazo para apuntarse e facer a reserva o 3 de febreiro de 2016 ás 12:00 h.

Os Bolouros 2016

O sábado 30 de xaneiro de 2016 a asociación Felos da Corga da Serra en colaboración co concello de Maceda xuntaronse para recuperar a tradición “dos Bolouros” a partir das 19:30 h. na Aira dos Patos en Tioira.

Según o alcalde de Maceda, sobre 100 persoas correron o Entroido neste sábado corredoiro utilizando os Bolouros para tinguirse os homes as mulleres e as mulleres os homes.

Como final da festa celebrouse unha cea popular ca participación dos Taberneiros do Pobo.