No Colexio Público Cardeal Quiroga Palacios de Maceda desenroláronse unha serie de actividades entorno o Entroido, centrándose especialmente na figura do Felo.
O día 16 de xaneiro no CEIP de Maceda o conselleiro de Educación e Cultura Vázquez Abad visitou a exposición que o centro alberga estos días, a mostra fotográfica ‘Xungir non é esmorecer, senón medrar’, de Rita Blanco Fernández. Composta por más de unha trintena de imáxes, a exposición recolle a participación de Felos, Pantallas e Vergalleiros , co obxetivo de difundir e mostrar a beleza destas tradicions do Entoido ourensa. Durante seu percorrido pola exposición, Vázquez Abad destacou a necesidade de difundir os Felos, singulares figuras que, a pesar da sua similar apariencia, gardan significativas particularidades respecto os mais conocidos Peliqueiros ou Cigarrons. Neste sentido, o conselleiro valorou e agradezeu o traballo da asociación Felos da Corga da Serra de Maceda e do Concello de Maceda por acadar a recente declaración do entroido de Maceda como Festa de Interés turístico de Galicia.
Ademais o 19 de xaneiro vistará un membro da asociación Felos da Corga da Serra para acercar a figura do Felos os nenos e como novidade explicaráselles a figura de outros entroidos como a Pantalla de Xinzo de Limia