PROGRAMA:
Sábado 7 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información
Venres 17 de febreiro, festa de bolouros en Tioira ás 19:00 +informacion
Sábado 18 de febreiro, compadres Maceda 2016, ás 19:00 h daremos o comezo.+información
Sábado 18 de febreiro, foliada en Carguizoi.+información
24 de febreiro, venres de Comadres. +información
25 e 26 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. da praza das Toldas e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información
25 de febreiro, sábado, a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila +información
27 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza das Toldas de Maceda. +información
28 de febreiro, martes de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). Todas as carrozas non premiadas terán un accésit de 40 €. +información
1 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.