Fotos Mascarada Viana do Bolo:
Yearly Archives: 2018
Comezo Entroido Maceda 2018

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.
Así o sábado 6 de xaneiro de 2016 organizouse unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.
Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorreros as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel Monumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.
Xa comezou o Entroido.
Galería de fotos no xornal La Región
Calendario Libreria Follas Novas

A Librería Follas Novas situada en Santiago de Compostela na rúa de Montero Ríos, 37 ven de publicar, como é xa costume, un almanaque de mesa co fin de agasallar os seus clientes. O ano pasado realizouse con imáxes de Faros galegos ao oleo. Nesta ocasión, o do ano 2018, vai adicado o Antroido e ilustrado cada mes ca colaboración do escultor ourensán Ramón Conde xunto coa sua filla Laura estando presentes os “Felos de Maceda”
Ramón Conde as súas pezas escultóricas, de corpos rotundos e poderosos, figuran xa en privilexiados espazos artísticos de moitos paises e tamén presente en diversas cidades galegas; en Vigo, Lugo, Santiago ou A Coruña expuxo gran parte da súa obra, altamente novidosa e orixinal.
Contacto: