Sábado 10 de febreiro os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Dende Goteburgo Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felo do Val de Maceda na neve.
Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.
A comida foi na Dilixencia (Maceda), os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 10€ . A Asociación pagou a mitade do importe o seus socios.
Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
O 9 de febreiro de 2018, as 20 h, na Praza do Felo de Maceda deu comenzo o venres de Comadres en Maceda, Animación musical non estivo a cargo de charangas como outros anos . Cearon no Restaurante a Diligencia as 21:30 h. Participaron sobre 150 mulleres.
Prezo 10 € por persoa.
Sairon a rua seres extraños que acompañaron as mulleres e colaronse no restaurante pero despois de un rato de torealos as feminas lograron botalos!!!
Presentouse no castelo de Maceda o Programa de entroidos da provincia de Ourense, o máis importante no ámbito etnográfico, que desenvolverá este ano, entre os días 8 e 14 de febreiro, máis de 260 actividades en 41 localidades de 33 concellos.
O Programa Provincial do Entroido 2018 recolle nunha guía explicativa da que se editaron 20.000 exemplares –e que pode consultarse tamén a través desta web- unha ampla compilación dos actos de entroido que se celebrarán na provincia desde o xoves de Comadres ata o mércores de cinza e enterro da sardiña, o que constitúe a festa máis participativa e con maior repercusión económica das que se celebran na provincia de Ourense.
Xunto co programa, que está distribuído en establecementos hostaleiros e oficinas de turismo da provincia de Ourense, no acto tamén se presentou o spot promocional relativo a esta celebración, cuxa finalidade é resaltar aínda máis o carácter singular e xenuino desta festa da nosa provincia.
Por segundo ano consecutivo celebrouse en Carguizoy unha foliada onde os veciños puderon bailar o son de gaitas , panderetas, bombos e acordeón. As chocas no pararon de soar e os felos retranquieros meteronse cos veciños que por alí pasaron. Os veciños de Carguizoy agasallaron os Felos, músicos e visitantes con bebida e comida a esgalla.
Organizado pola Asociación de Felos da Corga da Serra ca colaboración do Concello de Maceda, o sábado 3 de febreiro de 2018 a partir das 17:30h. “Bolourada” na Aira dos Patos de Tioira, amenizada pola Charanga “A Felga” de Maceda.
A partir das 19h. será a Asociación Taberneiros do Pobo os encargados da Cea (Empanada, Chourizos, pan, viño e auga) cun prezo 5 € por persoa.
Venda anticipada de entradas nos seguintes locais: O Lar dos Felos (Tioira), Ferretería Aldraba, Umpalumpa Café-Teatro e A Cervexería (Maceda).
O Prazo para poder mercar unha entrada remata ó 30 de Xaneiro de 2018.
O domingo 28 de xaneiro xuntaronse no Umpalumpa de Maceda os mellores aprendices que poideron atopar para aprender a facer bolouros. Pois de todos é sabido que a mellor forma de respetar o legado dos nosos maiores é que os nosos cativos aprendan dende pequenos. A única forma de preservar o noso legado é vendo como se fan e aprender a facelos.
O sábado día 20 de febreiro de 2018 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense, na que estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo e os Felos de Maceda.
A xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas peliqueiros e felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañados do soar das chocas dos Felos e das Tamborradas de Viana. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:
O Boteiro:
Ola boas tardes alcalde de Campobecerros hoxe viñemos a tocar sempre e cando non nos boten a berros. Viñemos a donde vostede solo para pedirlle permiso para que nos deixe tocar o fulion porque temos un compromiso, vos viñestes a nosa aldea a tocar e nos ahora vimos a vosa con previo aviso.
Ola boas tardes alcalde, eu son o chamado boteiro viñen hoxe ao seu pueblo gratis porque non tiña diñeiro. Hoxe prometovos unha cousa, non vou a parar de bailar co meu traxe colorido eivos asombrar. Mentras os demais membros están a todo tocar eu aparto a xente e non paro de saltar, pero coidado, non vos vaiades a asustar eu xa sei que son moi bruto pero con vos ben me vou a comportar. Tamen me chaman home de esquilas un nome moi estiloso definenme de moitas maneiras menos por ser penoso, a palabra que máis me identifica é ser asombroso.
Viana, o folion:
Boas tardes veciñas e veciños do lugar, Campobecerros nesta tarde de xaneiro esta listo este boteiro acompañado do fulión Que veñen tocar con ilusión, o tambor “O Luisisin” de director “O Chatin”
Que soe o folión na plaza e que se sinta ata en Laza Boteiros,Felos e Peliqueiros Primos irmans e compañeiros. Vamos beber da mesma taza sen convidar os de laza. Sen mais que contar vamos tocar e brincar ata o fondo do lugar. E xa pa rematar GRAZAS por nos convidar A tan fermoso lugar. Co permiso do que manda a ronda vamos comenzar. ¡Viva o Entrudio¡Viva
O pobo de Campobecerros agradece esta visita
E esperamos que noutra ocasion se repita
Os felos son de Maceda, de Verin os cigarróns, de Viana estes boteiros e o entruido de campos facémolo todos nós!
Sen axuda do concello, nin da administración, que se outros teñen cartos, non teñen a nosa ilusión//!
Do fulión queremos disfrutar
Non vos fagades tanto de rogar
Podedes empezar a tocar
Que tedes permiso para pasar
Vivan os boteiros, viva o parranfón, vivan os felos
Rituais relativos o Entroido de diferentes puntos da península ibérica citaranse en xaneiro de 2018 o día 13 en Viana do Bolo e o 14 en Vilariño de Conso durante a cuarta edición da Mascarada Ibérica.
Organizado pola Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, Asociación Xuntos por o Folión de Vilariño de Conso e S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega) con la colaboración del Concello de Viana do Bolo, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Vilariño de Conso y la Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.
Horario:
O programa da Mascarada comezaráo 13 de xaneiro de 2018 ás 16:30h. nas rúas de Viana do Bolo e, o día seguinte, a partires das 12h. nas rúas de Vilariño de Conso.
Participantes:
Cartel Mascarada Ibérica 2018
Máis de 600 participantes de 39 agrupacións diferentes. Así de Ourense estarán o Fulión de Buxán (O Bolo); o Fulión das Carrelas, Cabo da Vila, os Rurais e o Alternativo, todos de Viana do Bolo; a Asociación Xuntos polo Fulión, de Vilariño de Conso; o Fulión de Mormentelos, tamén de Vilariño; o Fulión a Mourela p’acá de Manzaneda; os Galos de San Pedro (A Merca), as Madamitas de Entrimo, as Bonitas de Sande, Troteiros de Bande, Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo, Cigarróns de Verín, os Peliqueiros e o Parranfón de Campobecerros, Vellarróns de Riós e o Touro e Xigante de Celavente. Do resto de Galicia participarán: os Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, o Entroido de Cobres (Vilaboa), o Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada).
E do resto da Península, estarán de Zamora Atenazador de San Vicente de la Cabeza, Ka Talanquera y Visparra de San Martín de Castañeda, Sanabria. De León: Antruejo de Carrizo de la Ribera. Guadalajara; Diablos y Macaritas de Luzom. Asturias presente con los Sidros de Valdesoto. Cantabria con Vijanera de Silió, Zamarrones de los Carabeos y Antruido Pare de Piasca.
Portugal estará tamen presente co Farandulo de Tó, Velho Chocalheiro de Vale de Porco, Careto de Valverde. Chocalheiro de Bemposta, Velhos de Bruço, Caretos de Parada e Caretos de Lazarim.
No ano 2016 foi recoñecida pola Sociedade Española de Antropoloxía e Tradicións Populares co Premio Nacional de Tradiciones 2016.