Cartaz do percorido dos felos polos alumnos do IES San Mamede

Un ano mais o IES SAN MAMEDE de Maceda en colaboración coa Asociación Felos da Corga da Serra e do concello de Maceda organizou un concurso de carteis sobre a figura do felo, que se empregou para facer o cartaz do percorrido dos felos pola serra,entre os alumnos de terceiro da Eso durante o curso escolar 2015-2016.

Agradecer un ano mais a colaboración do instituto e dos alumnos.

e mostravos os carteis participantes

 

 

Os Bolouros 2017

Cartel Bolouros 2017
Cartel Bolouros 2017

Fixemos a festa cos Bolouros de protagonista o día 17 de febreiro de 2017.

Nunha carpa instalada na praza da “Aira dos Patos” en Tioira comezou a chegar a xente a partir das 20 h, onde predominaba as ganas de diversión e pouco a pouco as caras comenzaban a tinguirse polo efecto dos Bolouros. Ca animación musical disfrutamos dunha merenda cea.

Unha serie de imaxes da gran Foliada no día dos Bolouros.

Feira Gastronómica Xantar 2017

O domingo día 5 de febreiro de 2017, como acto importante da 16ª edición de “Xantar” Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrou nas instalacións de Expourense dedicaran o día os Patrocinadores e Colaboradores de “Xantar” con dedicación especial o Camino de Santiago, Concello de Maceda, Concello de Arnoia, Concello de Sober, Concello de Vila de Cruces, Concello de O Barco de Valdeorras e á Federación Galega de Concellos e Provincias.

Así como día especial de Maceda estiveron presentes os Felos feleando polos pasillos da feira invitando os asistentes a feira a visitar Maceda. Tamén destacar a presencia no stand de Maceda dun traxe de Felo cunha antiguedade superior os cen anos.

Tamén tivo lugar unha edición especial do menú que se degustou durante os días do salón elaborado por Carlos Parra, cociñeiro e xerente do Hotel Monumento Castelo de Maceda consistente en:

– Táboa de xamón de porco criado con castañas.
– Coxas de paspallás en escabeche.
– Filloas de lacón con grelos.
– Boletus estofados.
– Medallóns de solombo de Porco Celta á prancha con compota de mazá e froitos vermellos ou Cabrito asado ao estilo da serra con ensalada.
– Torrijas de bica con xeado de castaña e sirope de licor café.

Pan e viño D.O. Ribeira Sacra.

  

Mascarada Ibérica 2017

Rituais relativos o Entroido de diferentes puntos da península 

Cartel III Mascarada Ibérica
Cartel III Mascarada Ibérica

ibérica citaronse os días 28 e 29 de xaneiro de 2017 durante a terceira edición da Mascarada Ibérica.

Organizado pola Comisión Entroido 2017 de Viana do Bolo, Asociación Xuntos por o Folión de Vilariño de Conso e S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega) con la colaboración del Concello de Viana do Bolo, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Vilariño de Conso y la Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.
O programa da mascarada comezou ás 16:30h. do 28 de xaneiro en Vilariño de Conso e, ao día seguinte, ás 12h. houbo un novo desfile, desta vez en Viana do Bolo.
As máscaras presentes segundo o cartel promocional son: Mascaraos de Vilaboa Portugal, Caretos de Parada Portugal, Caretos de Lazarin Portugal, Caretos da lagoa de Mira Portugal, Entroido de Santiago de Arriba Chantada Lugo, Xenerais da Ulla Galicia, Madamas e Galáns de Cobres Pontevedra, Fulión Buxan O Bolo Ourense, O Toro e o Xigante de Celavente O Bolo Ourense, Felos de Maceda Ourense, Peliqueiros e Parranfón de Campobecerros Ourense, Bonitas de Sande Ourense, Troteiros de Bande Ourense, Galos de San Pedro da Mezquita Ourense, Vellarons do Riós Ourense, Fulión e Mázcaras da Mourela Pa Cá Manzaneda Ourense, Asoc. Xuntos por o Fulión e Boteiros Vilariño de Conso Ourense, Fulión As Carrelas e Boteiros de Viana do Bolo Ourense, Fulión Rurais e Boteiros Viana do Bolo Ourense, Fulión Alternativo e Boteiros Viana do Bolo Ourense, Fulión Casco Vello e Boteiros Viana do Bolo Ourense, Os Sidros de Valdesoto Asturias, Antruido Paré de Plasca Cantabria, La Talanquera de S. Martín de Castañeda Zamora, El Atenazador de San Vicente de la Cabeza Zamora, Fulión Mormentelos Vilariño de Conso Ourense.

 

Comezo Entroido Maceda 2017

Cartel actividades concello de Maceda Nadal 2017
Cartel actividades concello de Maceda Nadal 2017

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 7 de xaneiro de 2017 organizouse unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Saindo do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que quixo facerse presente acompañando polas rúas de Maceda e a animación musical da charanga macedana “A Felga” para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel Monumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Xa comezou o Entroido.