Anuario Prensa 2014

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

Exposición en Ferrol dentro do Outono Fotográfico 2014

“Xungir non é esmorecer, senón medrar”

Baixo este título, e dentro do certame de fotografía “Outono Fotográfico 2014” poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández no Centro Cultural Carvalho Calero no Ferrol, situado na praza do inferniño s/n, dende o día 19 de novembro ata o 18 de decembro do 2014, de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 h.

O certame “Outono Fotográfico 2014” patrocinado polas Concellerías de Xuventude e de Cultura do Concello de Ourense; Xunta de Galicia; Cultura e Turismo, Deputación de Lugo; Vicerreitoría do Campus de Ourense, Universidade de Vigo; Área de Cultura do Concello da Coruña; Centros Socioculturais do Concello de Santiago, baixo a organización e a produción de Difusora de Letras, Artes e Ideas; Disigna Edenia; Emociois, recolle multitude de espazos expositivos expandíndose por todo Galicia entorno o mundo da imaxe, tanto en exposicións individuais como é este o caso, exposicións de colectivos de fotógrafos e actividades relacionadas co tema como talleres e cursos entorno a este mundo.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.

Festa de Interese Turístico Galego

O 23 de outubro de 2014 sae publicado no D.O.GA. o acordo de declarar o Entroido de Maceda, e especialmente a figura do Felo como festa de interese turístico de Galicia en acordo de… de data….
“De acordo co procedemento para a declaración de festas de Galicia de interese turístico regulado no capítulo III do Decreto 39/2001, unha vez examinadas as solicitudes presentadas, e emitidos os preceptivos informes pola Delegación Territorial, reuniuse a comisión de valoración que analizou as solicitudes e acordou elevar ao Consello da Xunta para a súa aprobación a proposta”, segundo se informaba desde a Administración autonómica.

Á hora de aprobar esta declaración tíñanse en conta “os requisitos de antigüidades mínima de dez anos, a singularidade e orixinalidade das celebracións, así como o seu arraigamento popular e o seu valor cultural. Así mesmo, tivéronse en conta criterios como a afluencia de visitantes, a calidade dos actos que configuren a celebración, a creatividade da mesma, e o adecuado coidado dos contornos paisaxísticos, urbanos e monumentais, entre outros”.

Neste consello aprobábase a declaración de Festa de interese turístico de Galicia para o Entroido de Maceda “do que non se ten clara a súa orixe, aínda que se ten constancia documental e fotográfica dun traxe do ano 1890, e na actualidade celébrase de xeito interrompido desde o ano 1997. Este Entroido é diferente do resto dos entroidos pola forte personalidade do seu protagonista “O Felo”, non só pola súa vestimenta e máscara, senón polo seu comportamento, posto que é a autoridade nestas datas” segundo a Xunta.
Conxuntamente aprobouse esta declaración tamén para…

Resolución da Xunta de Galicia

“Concurso Logotipo da Asociación”

A Asociación Felos da Corga da Serra convocamos un concurso para o deseño do logotipo que representará a Asociación.

As bases para a súa realización son sinxelas:
1. O tema será algo relacionado co felo ou que o represente.
2. Será unha imaxe sinxela con posibilidade para os selos e demais utilidades ca posibilidade de pola en branco e negro e lineal.

“O zoupón de Lameiro”

O programa de parodia humorística “Era Visto” que se emite despois do Tele Xornal Noite na Televisión de Galicia no que retrata en forma de humor o vivir nunha aldea galega, no seu episodio “O zoupón de Lameiro” do día 8 de maio de 2014 cita os Felos de Maceda

A proposta de humor costumista galego que cada luns realiza o programa “Era Visto!”, con historias e personaxes do universo rural, comezará hoxe con Moncho sorprendido por unha aplicación que trae o seu novo teléfono móbil: un asistente persoal cunha sensual voz feminina da que acabará irremediablemente namorado.

No seguinte sketch de “Era Visto!”, Kevin anuncia que vai facer algo coa súa vida e decide ser emprendedor. Sorprendentemente ten moito éxito, pese a non emprender negocio ningún nin saber exactamente o que significa ser emprendedor.

Finalmente, na última historia da noite, os espectadores verán como a Moncho lle gustaría que Lameiro fose coñecido por ter un Entroido como o de Laza ou Verín. O problema é que a vila nunca tivo esta celebración tradicional, así que decide inventala.

Ver o Programa

“Xunguir non é esmorecer senón medrar” no Castelo de Maceda

Fotografía, gastronomía e música en Maceda

O 5 de abril de 2014 ás 20 h. no hotel monumento Castelo de Maceda inaugurase a exposición fotográfica da fotografa Rita Blanco Fernández que baixo o nome “Xungir non é esmorecer, senón medrar” presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Castelo de Maceda desde o día 5 ata o día 13 de abril.

A continuación da inauguración da exposición e dentro da terceira edición das xornadas de Fado e Gastronomía que se levan a cabo no Castelo terá lugar a cea elaborada polo cociñeiro e xerente do Castelo, Carlos Parra e para rematar a xornada a actuación da fadista María do Ceo.

Programa:

20 h Inauguración da exposición “Xungir non é esmorecer, senón medrar”
21:30 h. Cea
23:30 h Actuación da fadista María do Ceo.

Para reserva para a cea ou máis información: info@hotelcastillodemaceda.com Telf. 988463367

Web Castelo de Maceda
http://www. hotelcastillodemaceda.com

Desfile Urbano 2014

Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Organizado desde As Canteiras e cruzando pola rúa principal abren o desfile os Felos e despois van participando as distintas carrozas e comparsas.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Desfile Martes de Entroido por Maceda ano 2014

 

Baixada da Marela 2014

O sábado, 1 de marzo de 2014, despois de percorrer cos Felos os pobos da Serra de San Mamede, e por primeira vez fíxose a “Baixada da Marela”.

Esta actividade a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda tivo lugar dende o alto da vila, acompañando “procesionalmente” con fachos e un carro con fariña a “Marela” unha vaca moi traviesa que baixou ata o centro onde bailou ata altas horas acompañada cunha charanga BCB.

A “Baixada da Marela”, segundo a asociación convocante, e unha recuperación dunha antiga tradición de Maceda.

Non foi moi concorrida, por ser unha actividade nova e tamén debido a chuvia incesante durante todo o recorrido pero a xente presente viviuno con gran entusiasmo.