Conversa con Helena Eriksson sobre as súas fotografías

Xaneiro de 2014.

Unha charla con Helena para saber como é por que das súas fotografías.

Exif_JPEG_PICTURE

“Estas fotos no foron un “proxecto”, un proxecto de arte, por exemplo, son mais ben una consecuencia do meu primeiro encontro ca carauta en casa de Claude Royet-Journaud-poeta francés que conoce Emilio Arauxo, que o traduciu e, publicou e mesmo espuxo- Claude fai tamén pinturas. Sobre a cuberta do libro de unha das súas traducións vese un felo. Entereime de todo iso e Claude ensinoume unhas fotos de felos de Emilio. O felo impresionoume moito e as carautas extremadamente bonitas.Tamén soupen que Emilio regaloulle unha a Claude.

Antes, nunca me interesou o Entroido. En xaneiro de 2009 estiven en Paris para leer un texto escrito por min para o centro de poesía de Marsella sobre Claude. E mostroume a sua carauta. Foi un especie de choc de ver a carauta. A miña reacción inmediata e espontánea foi:quero probala, eu quería estar dentro da carauta. Pedinlle a Calude si podría-querría fotografarme. Levar a caruta e ese feliz acontecemento sería documentado.
En canto a desnudez era case evidente: quise ser neutral. Despois pensei: sen roupa que me aprisoara a unha clase social, a unha cultura( a sueca por exemplo. Si pódese ver que son unha muller branca e quizais xa sexa demasiado,mais….Si tivese o traxe de felo houberau posto seguro. A 1ª vista pensamos que a cara a que esta tapada non o corpo.

Pero na miña opiñon a miña desnudez é a que mais me tapa.

Mon pensei en ningunha mensaxe. Todo iso penseino despois. Antes non sabía que o felo iba enfeitzar a miña vida. Era como si a carauta quixera algo de min. Tamén me dixo algo de min que non sabía, o pracer. O pracer de levala e de facer as fotos.
Non penso que nas pinturas como eróticas, mesmo si a figura do felo en si, e ten sen dubida tamén un aspecto erótico.

Despois Claude quixo pintar as fotos pero comezou a xogar co seu novo progra de ordenador e foron aparecendo no meu mail un, dous…moitas fotos no meu correo electrónico! Tamén llas enviou a Emilio.

Foi así como empezou a miña amistade con il. E a miña relación mais profunda co felo e o Entroido galego.
Como persoa e poeta(non como etnóloga).Unha parte do meu corazón pertence para sempre os felos de Maceda.

Por que se fixo tan importan para min? Non o sei pero fai parte da maxia.

Colaboración programa Tve1 O pobo máis divertido de España

O 4 de xaneiro de 2014 Chaioso comezou unha divertida aventura no programa de televisión “El pueblo más divertido de España”. Este pobo tan dinámico e cheo de vida a pesar de contar só con 8 veciños son capaces de liar a calquera nas súas ideas tolas e divertidas e nunha destas apuntáronse o programa e como non os felos tamén participaron.
O pobo de Chaioso do concello de Maceda apuntase o casting a fin de ser seleccionado para participar no concurso de Televisión Española na súa canle 1, con este motivo organizase entre outras actividades un desfile divertido de Entroido que comeza encabezado pola figura propia do Entroido macedán, os Felos.