Anuario Prensa 2008

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

Desfile Urbano 2008

Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Organizado desde As Canteiras e cruzando pola rúa principal abren o desfile os Felos e despois van participando as distintas carrozas e comparsas.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Desfile Martes de Entroido por Maceda ano 2008

Percorrido Felos de Castro 2008

Os domingos pola mañan reunense os Felos da Serra das localidades de Castro, Escuadro, Pias, Paioso, Barxela, Xinzo da Costa, etc…
Case sempre son homes . Saen do Restaurante A Dilixencia e vistense eli van percorendo a Serra de San Mamede e pasando por Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo, Carguizoy,
Sarreaus, Maceda.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Percorrido dos Felos de Castro ano 2008

Agradecementos a Susana Parente polas fotos.

“O Carnaval en Galicia”

o carnaval en Galicia

O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas ao longo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigoroso traballo de campo leva ao lector a través das máis diversas e carnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da cultura rural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres… E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses… Un libro que afonda na profunda significación da festa.

O carnaval en Galicia publicado por Edicións Xerais e do autor Federico Cocho é unha publicación importante e un referente para o estudio da festa do Entroido en Galicia, e por suposto falando dos distintos Entroidos dedica unha parte a falar das peculiaridades do Entroido de Maceda e a súa figura principal: “O Felo”.

Libro editado o 18 de xaneiro de 2008 por Edicións Xerais dentro da colección Turismo / Ocio – Montes E Fontes – Monografías, de tapa branda é 280 páxinas, 23×15 cm ISBN: 9788497826983

A Terra do Millo

Dirixida polo actor vasco Patxi Bisquert e desenvólvese polas terras de Maceda. Coa escusa de amosar o mundo dos felos, fálanos de todo un mundo rural no que diversos poemas acomódanse, axéitanse aos feitos, á vida e á paisaxe de toda a serra de San Mamede, baixo a batuta da portentosa voz en off de Óscar Rodríguez.

Bisquert monta unhas imaxes poderosas cheas de sentimentalismo para este cronista e nas que a marabillosa música do rapaz de Castro Caldelas, Pablo Devigo, acompaña en cada verso e en cada feito histórico acontecido encol do castelo de Maceda. O espectador vese transportado a esa néboa que, ás veces, sobe e, ás veces, baixa da serra; así como percorre os camiños tralos pasos do felo que vai na procura doutros compañeiros ou doutros veciños para ensinarlles a lei deses animais aos que representan nas súas carautas.

Museo Liste en Vigo

O Museo Liste de Vigo en colaboración co Concello de Vigo e a Xunta de Galicia dentro da programación outubro-decembro 2008 do museo organiza unha exposición de “Máscara ritual en Galicia” aberta do 2 de agosto ao 30 de novembro de 2008 na que acolle unha mostra de máscaras rituais de Galicia, que encerran unha compoñente máxico ancestral: visión de deuses pagáns, ritos de fertilidade, maxia da caza… portadoras do poder de transformación, que gardan o engado da tradición e o misterio da súa orixe e está presente o Felo e a súa máscara.