O Festival Internacional ViBoMask foi os días 17,18 y 19 de marzo, despois da celebración do Entroido.
O vernes 17 houbo unha xornada de divulgación das diferentes máscaras de Entroido da Península Ibérica con varias conferencias e iniciativas nos centros educativos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Apostando por actividades que permitan aprender a riqueza e a identidade dos diferentes Entroidos da Península.
O sábado 18 participaron en Viana 43 grupos distintos nun desfile que tiña a representación de gran parte do Entroido da Península Ibérica, ou polo menos da parte norte. Os felos alí estiveron.