Arquivos da etiqueta: Entroido Ribeirao

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos a Mercedes L. Rubin  e a Amanda Gonzalez Blanco