Celebración do xoves de comadres en Maceda. O vindeiro xoves 4 de febreiro de 2016 ás 20:00 h na Praza das Toldas comezara a celebración do xoves de Comadres, día de troula para tódalas mulleres que se acerquen disfrazadas.
Para continuar a festa teremos unha cea no Restaurante a Diligencia de Maceda cun prezo de 10 € por persoa e con animación musical durante e despois da cea.
Tódalas mulleres interesadas en celebrar a cea de Comadres, deben facer a reserva no Restaurante a Diligencia rematando o prazo para apuntarse e facer a reserva o 3 de febreiro de 2016 ás 12:00 h.