O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio CEIP Galán de Arteixo un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.
Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.
Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!
fotos cedidas polo colexio CEIP Galán de Arteixo