Este ano despois de dous anos de pandemia empezan os felos con moitas gana de troula e diversión.
A serra encheuse de barullo , de xente . Unha explosión de vida nos nosos pobos.
Xa podemos oir os esgutíos dos felos (como animal ferido que volve a casa) as veces agudo e outras un sonido ronco que sae de dentro. Un falar que os da serra entendemos e anelamos todo o ano. O atronador ruido das chocas polas canellas, polos camiños que siguen espantando o lobo. Os felos xa percorren a serra con ese soriso retranqueiro e metendose cos homes e bailando coas mulleres.
Estan de volta!!!
Saíron en dous grupos grandes. Unhos comenzaron o percorrido por Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa comendo no Lar dos Felos para logo arrancar a Celeiron, Vilar, Carguizoi, Tioira e rematando en Maceda.
Outro grupo saíu de Maceda, Tioira, Carguizoi, Vilar, Xinzo da Costa, Santirso , Pias e Castro.
Os felos saen en grupos organizándose entre eles os días previos.