Tag Archives: Manuel Bouzo

Felos e Teriantropía

Coa chegada do entroido inagurause unha nova exposición en Mur Marxinal  «Felos e Teriantropía» de Anaman.org, estará ata o 26 de febreiro. De luns a sábado de 8:00h a 21:00 h.

Falamos con Jose Manuel Bouzo para saber como xurdíu a idea e como se foi fraguando

“Levo xa un tempo coa idea. Desenvolvéndoa, no mundo pictórico e nas nosas carantoñas.

Idea 1). Os meus Felos son ecoloxistas, coma min. Levo no mundo da ecoloxía desde o ano 1976: Legión Verde da U. Laboral, e S.G.H.N.( Sociedade Galega de Historia Natural )desde hai 40 anos.

Idea 2). Impáctame a naturaleza do Val de Maceda, Limia alta, sobre todo a cantidade de auga que baixa da Serra, con tioiras, caldeiras, canles, rios, regueiros e regatos….imaxina as enormes troitadas…as perdices Charrelas no alto da Serra ( a perdiz autóctona, desparecida moi recentemente )….

Idea 3). Decidín desenvolver un Felo ecoloxista para axudar e reivindicar a naturaleza, agora mancillada difusamente. E para tal, que os meus Felos levasen pintados na mitra un animal totémico, fose tanto este necesario como non, según a tradición revisada. Tanto me ten, é evidente que noutros tempos antergos se deberían representar outros motivos ( corríxeme se non ); pero eu escollo animais da fauna autóctona, e incluso a desaparecida.

Idea 4). Pídolle a amigos que me representen animais concretos, dos que eles gosten, ou eu lles suxiro.

            Ó meu amigo da infancia en Francia, Alexis Lask, agora artista pintor, fillo de artistas, pídolle que me pinte:

                – unha “pita do monte” ( urogallo ), posto que vivimos no sopé dos Pirineos, onde as hai. Alén diso

                – doulle unha segunda careta para que represente un burro Catalán, posto que moramos na cataluña Francesa, Pirineos Orientais, na zona do Conflent, entre o Roussillon e a Cerdaña.

              Alexis Lask, como artista que é, emprega 18 meses en facer algo, e trasgrede o que lle pedín.

              Cando o vou visitar ó seu Atelier, en Eus, dime: “non fixen o que exactamente me pediches”, espero que che guste”.

Cando vin os dous primeiros modelos tronceime de risa. Alexis 

              africanizou as máscaras e colou peluches na mitra. 

            “non querías animais ?…aí os tes”, 

              espetoume.

             Según él, os animalciños acofóranse os uns cos outros pedindo protección e mimo.

Lembro agora que na confección participaron moitas xentes, incluso un “jalotero” para cortar e domear as chapas da mitra, e Sagar, un tallista Senegalés que se pón no Paseo de Ourense, para pulirmas. A careta parte de un modelo de Felipe de Couzada que me prestaron os donos do Lar dos Felos, e tardei catro ou cinco anos en devolverlle. Axudoume na talla Francisco G. Remiseiro, aventaxado escultor de Barro, Pontevedra.

              Pedinlle á Alexis unha pequena xustificación filosófica do que fixo. Recollida nunha obra de Amastra-N-Gallar de 2018, que tes que ter: “Encallados nunha testa que flota  como unha carantoña”. Por se vale de algo, hai unha alusión ás pateras e a deriva de tanto emigrantes no mediterráneo. Alexis Lask é neto de xudeos Polacos emigrados á Francia no primeiro tercio do século XX, e por lado materno neto de Cataláns con apelido “Juanola”. 

 Eu son fillo de emigrantes e alí pasei a miña infancia.  En Francia descubro os Felos, de maus de xente de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Nese contexto, Felo é  como un Forromeco vestido de calquer xeito, cuxa función principal é asustar e sorprender. Cando retorno a Galicia, ano 1972, penso que todo o universo antroideiro é de Felos, calqura disfrazado é un Felo. Estudo antropoloxía en Santiago a principios dos 80, de maus de Marcial Gondar, e daquelas non se mencionaban. A Historia do meu redescubrimento e reivindicacióaparece nun opúsculo de Amastra-N-Gallar de Emilio Araúxo: “Os Felos de Monte Toro, cap Prada de Conflant”. Primeira reivindicación pública e rotunda do topónimo MONTE TORO, precristián, en troques de San Mamede.

O seguinte encontro é con un artista Cubano, J. Pallerols, de Camagüey, vila á que emigraron os meus familiares e veciños de Bobadela A  Pinta, Xunqueira de Ambía. Joel González Pallerols, pinta unha línea “vacas sagradas”…bebendo sangue…alusión á prohibición vixente en Cuba de matar “res”….

Entón surxe o cruce creativo. Visualizo o Felo como unha vaca sagrada, e derivo a hibridación “humano-animal”.

Como Joel Pallerols ten un alto nivel de realización e dibuxo, pídolle que me represente catro animais totémicos da nosa fauna brava: urso, cabalo, uro, lobo.

Concretou: un cervo, un cabalo, un boi-uro…..humanos….fáltanos sen dúvidas o lobo, o máis poderoso,….e o urso, quen ocupou ata que os europeos colonizaron África, o posto do Rei dos animais.

Outro cadro de Teriantropia representa un cabalo con pé humano, e unha charca de sangue. Idea perturbadora.

E o cadro máis grande unha hibridación de vaca e cabalo, todo carne comestible.

En algunha ocasión, por riba da cara do cabalo ou do cervo puxen carantoñas de Felo….é unha boa combinación…..

Nistes momentos falta por montar un cadro, e por reparar duas caretas, das que se lle desprenderon os peluches por exceso de peso. Se consigo reparalas colocareinas próximas , ou encima, do cabalo e do cervo teriantrópico.