Os Felos estiveron presentes en varias actividades o longo de estes días para que o Entroido teña unha vida longa xa que é imprescindible a educación dos cativos e sobre todo acordarse das vellas xeracións.
Para iso :
O sábado 23 de febreiro, como cada ano, visitaron a residencia Nuestra Sra. de las Nieves, o centro de ancians de Maceda, levando a troula e alegría por un momento os seus devanceiros. Ali estiveron disfrutando todos, escoitando vellas historias de tempos pasados e feleando cos ancians.
O mércores 27 de febreiro foron polo CEIP plurilingúe San Marcos de Abegondo (A Coruña). Alí os rapaces recibiron as visita de felos de Maceda, Troteiros de Bande e o Entroido de Samede .Os felos explicaron como é a elaboración das carautas xunto co seu axudante Marquiños
O venres día 1 de marzo tivo lugar o desfile do colexio C.E.I.P. Maceda coa participación de 50 felos.
O relevo xeracional está asegurado!!!
Queremos agradecer o Colexio Abegondo e os felos das 12 parroquias polas fotos