O programa de parodia humorística “Era Visto” que se emite despois do Tele Xornal Noite na Televisión de Galicia no que retrata en forma de humor o vivir nunha aldea galega, no seu episodio “O zoupón de Lameiro” do día 8 de maio de 2014 cita os Felos de Maceda
A proposta de humor costumista galego que cada luns realiza o programa “Era Visto!”, con historias e personaxes do universo rural, comezará hoxe con Moncho sorprendido por unha aplicación que trae o seu novo teléfono móbil: un asistente persoal cunha sensual voz feminina da que acabará irremediablemente namorado.
No seguinte sketch de “Era Visto!”, Kevin anuncia que vai facer algo coa súa vida e decide ser emprendedor. Sorprendentemente ten moito éxito, pese a non emprender negocio ningún nin saber exactamente o que significa ser emprendedor.
Finalmente, na última historia da noite, os espectadores verán como a Moncho lle gustaría que Lameiro fose coñecido por ter un Entroido como o de Laza ou Verín. O problema é que a vila nunca tivo esta celebración tradicional, así que decide inventala.