(Fío a fío de vida felos)
Baixo o título de “Nunha túnica de sombra (Fío a fío de vida felos)” chega unha nova publicación non venal da editorial Amastra-N-Gallar da man de Emilio Araúxo.
En 114 páxinas achéganos un ano mais o gran valor material e inmaterial dos nosos Felos do Val de Maceda, unha colección de imaxes recollidas por el mesmo durante o percorrido dos Felos polos pobos da Serra o sábado de entroido de 2019 non faltando unha pequena mostra da “Baixada da Marela”, tamén un saúdo moi entrañable dende Suecia, Helena Ericksson e Helena Fagertun e Kasimir Lindengren na rexión de lagos e bosques de Vättlefjäll. O poema «Túnica de sombra» e unha relación de nomes completan a obra.
Neste libriño inmortalizase o ir e vir, os nenos, o calor de recordos dun pasado que chega en forma de doces e de ritos, carautas, chocas, o poder dos Felos na Serra, as chaquetillas, o dinamismo, …