Mascarada Ibérica 2020 Viana

VI Mascarada Iberica
VI Mascarada Iberica

As localidades de Viana do Bolo e Vilariño de Conso reunirán esta fin de semana a 45 grupos procedentes de España e Portugal, no marco da VI Mascarada Ibérica -este ano rebautizada como Festival Internacional Vibo Mask-na antesala do Entroido da provincia de Ourense que terá como principal novidade a presenza dun grupo de Italia.

A cita, que arrincou fai cinco anos con dez grupos participantes, celebra a edición cun novo enfoque onde destaca o “intercambio cultural dos ‘ mamuthones’ e ‘ issohadores’ da Illa de Sardeña”, que mostrarán as súas tradicións, afirmou o filólogo vianés Pedro Basalo, da asociación Folións Rurais, durante a presentación do evento. Un nexo que comezou cando “os ‘ foliones’ e os ‘ boteiros’” visitaron Italia o pasado mes de xuño: “
mascarada 2020
mascarada 2020

Alí entendemos que a Mascarada precisaba de algo máis, dun xiro, de crecer nalgún sentido, e por iso este ano chámase Vivo Mask”, apuntou Basalo, quen destacou este programa ampliado, que pasa de celebrar dous desfiles “a incluír desde hoxe e ata o domingo unha serie de iniciativas culturais” como talleres, unha conferencia, ‘ foliadas’ e un mercado de produtos O sábado a partir das 16.30 horas, será a quenda de Viana do Bolo e o domingo desde as 11.30 horas, de Vilariño de Conso, onde se poderá ver aos grupos ataviados con traxes tradicionais e máscaras

de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña). Jorge Domínguez, membro da asociación vianesa Robleda, subliñou a importancia de “un gran evento no medio rural” que ten “un transfondo detrás de coñecer a nosa tradición”.

 
Deste xeito, a Vibo Mask volverá ser un ano máis a antesala ao ciclo de entroido da provincia de Ourense cunha nova edición, que por primeira vez amplía horizontes coa presenza de “Italia”. Ata o de agora, participaban grupos de España e Portugal.
 
Previamente, os Felos de Maceda protagonizaron unha primeira saída pola localidade.
A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, destacou que “cada vez hai máis afluencia de máscaras”, que converte á Mascarada Ibérica como un evento consolidado, “que leva a cultura ao resto de España e a outros países” e que forma parte do patrimonio cultural e inmaterial.