Máscara

FELO, MÁSCARA

Caretas Felo

Máscara de xesto autoritario e sorriso socarrón, coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa da serra de San Mamede.

Elaboración: En Couzada de Maceda, Felipe  dedica o seu tempo a facer a careta do felo. Leva desde o ano 1997 con estas tarefas e ven facendo unhas vinte máscaras cada ano de media, son encargos dos propios felos para lucir o seu traxe e a máscara no Entroido e tamén algún encargo de caretas para decoración. O prezo da careta coa mitra sen pintar ronda os 150 euros. Emprega madeira de cerdeira. Corta o tronco, debuxa o perfil e nunhas dez horas ten a careta tallada e rematada.
Aínda que vai innovando a imaxe do felo non cambia, e fiel a tradición. A mitra actualmente píntase con animais propios da Serra de San Mamede aínda que podemos atopar mitras “atípicas” afastadas de esta tradición cada vez abundan menos.

En Maceda hai varias persoas que o fan. Os coloretes locen sempre na careta, que a Felipe López gústalle pálida, con expresión menos agresiva.

A Carauta de felo ten dúas partes claramente diferenciadas.
A mitra que pola parte posterior leva unha pel animal. A mitra propiamente dita é unha pantalla metálica que se sustenta sobre a careta de felo. Na mitra exhíbense elementos zoomórficos, xeralmente animais da serra de San Mamede , vai unida á careta procedente de un trozo de madeira.
As carautas represéntanse co soriso retranqueiro, grandes bigotes,
amplas cellas , coloretes en ambalas dúas meixelas
e barba natural pegada no borde da mesma .
As carautas fanse con madeira de bido, cerdeira, nogueiram anilleiro…dependendo do tipo de madeira que se utiliza será máis dura de traballar. A madeira cócese antes de traballala para que non rache. Só o proceso de elaboración da madeira levará sobre unhas 10 horas.

A careta rematase no alto da mitra cun rabo de raposo.

A elaboración da mesma é un proceso totalmente arsenal