Dende o luns día 19 ao 28 de febreiro de 2011 o “salón verde” do Concello de Maceda acollerá baixo o título “O Entroido” unha exposición sobre as orixes, os ritos e os costumes do Entroido en Ourense, especialmente centrándose nos “Felos”, pero con representación das manifestacións sobre este tema mais representativas.
Recollera imaxes dos distintos lugares da provincia de Ourense, traxes de Felos, paneis explicativos da orixe, indumentaria, ritos e costumes do Felos, explicación e fotos das figuras máis relevantes da provincia, exposición fotográfica recente e antiga sobre os Felos e charlas-coloquio sobre o tema nas instalacións do concello de Maceda.