Exposición ‘Entroidos Tradicionais de Ourense

No mes de febreiro de 2025 O Felo de Maceda esta presente na Casa de Galicia de Madrid formando parte da exposición sobre os tradicionais entroidos da provincia de Ourense. A sala Álvaro Cunqueiro acolle durante todo o mes unha exposición de fotografías, traxes e elementos tradicionais dos entroidos ourensás. Unha mostra feita a toda cor do que se pode vivir nas rúas das cidades no mes de febreiro e parte de marzo.

Está organizado pola Casa de Galicia en Madrid en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Inorde (Instituto Orensano de Desenvolvemento Económico).

Estará aberta na sala Álvaro Cunqueiro ata o 28 de febreiro de 2025. O horario de visita é de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

 Para máis información: 91 595 42 00 e neste enlace