Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.
Así o sábado 6 de xaneiro de 2016 organizouse unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.
Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorreros as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel Monumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.
Xa comezou o Entroido.
Galería de fotos no xornal La Región