Anacos de Vida

Anacos de Vida Maceda
Anacos de Vida Maceda

O Vindeiro Venres 6 de Decembro de 2019 ás 19:30 no Salón de actos do Concello, teredes a oportunidade de ver en primicia o episodio do programa de ANACOS DE VIDA grabado en Maceda e que emitirá a TVG o vindeiro sábado día 7 de Decembro de 2019.

Achégate ó Concello a velo.

SINOPSE DO EPISODIO

Comeza unha nova viaxe na nosa máquina do tempo que nos trae até o concello ourensán de Maceda, onde imos descubrir as pequenas e as grandes historias que agochan as fotos antigas dos veciños e veciñas das 11 parroquias deste val protexido pola Serra de San Mamede.

Maceda é coñecida polo seu castelo asaltado na revolta irmandiña e polos felos característicos do seu Entroido. Pero, como iremos vendo, é ademais unha terra moi vinculada ao ciclismo, á medicina e ao comercio. Tomen asento porque arranca un novo capítulo de Anacos de Vida.

No programa imos descubrir, a través das fotos antigas, por que Maceda é unha das vilas con máis éxitos ciclistas e mellor canteira de Galicia.

Seremos testemuña dun evento moi agardado en Maceda: a primeira visita dun museo único en Galicia, que vai quedará inmortalizada na foto por facer.

E non pararemos ata que o noso equipo de investigadores descubra que historia se agocha detrás da misteriosa fotografía que atopamos nesta vila.

— con Arraianos Producións y Anacos de Vida.

Ver Programa