Actualidade

FELO, ACTUALIDADE

O “fenómeno” Felo na actualidade esta nun momento de apoxeo, a pesar dos distintos puntos de vista os distintos colectivos están convencidos da importancia do felo, e son moitos os que se recoñecen como felos.

Aínda que podes atopar os Felos nas aldeas da Serra de Maceda ou na vila durante as semanas do calendario do Entroido o acto maioritario levase a cabo o sábado de Entroido onde despois de reunirse na Praza das Toldas de Maceda sobre as 9:30 h parten a facer un percorrido pola parte alta da Serra visitando Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron, Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Despois regresarán a Maceda novamente para facer un desfile sobre ás 20:30 h. O domingo saíndo tamén de Maceda recorrerán Castro de Escuadro. E por último abrirán o desfile urbano de disfraces do martes de Entroido saíndo dende a rúa das Canteiras sobre ás 17 h.

Na actualidade sen perder a condición natural da Serra como dominio absoluto dos Felos, a realidade e que pobos que tiñan moita xente e que recibían os felos emocionados agora non quedan mais que tres ou catro veciños. O “exercito” de Felos segue a recorrer as aldeas da serra onde son moi ben recibidos e o medo de tempos pasados torna nun felo amable que xoga ca xente, abraza os veciños, levántalle a saia para sofaldrear as mulleres e os veciños responden con licor café, bica, roscón e todo tipo de viandas. A pesar de isto o Felo baixa a Maceda e percorre a vila nestes novos tempos.
Aínda que menos coñecido que o triángulo máxico (Laza-Verín.Xinzo) o Entroido de Maceda esperta o interese de investigadores e medios de comunicación crecente ano a ano. Tamén a enorme presenza de nenos e as labores de difusión do Concello e particulares parecen garantir o seu futuro.

Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, escritor, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Son formas de promocionar o Entroido local aproveitando a suxerencia da súa máscara por excelencia. Isto do Entroido na literatura, como na arte, lévanos ata as obras escritas medievais para achegarse aos nosos días, pasando por Cervantes, Goya e Valle Inclán. As artes poden con todo, canto máis co Entroido e o que significa.