Actividades

Actividades que se levan a cabo:

Para levar a cabo os seus fins, a Asociación organizará as seguintes actividades:

  • Conferencias e charlas de difusión cultural.
  • Visitas a exposicións, exposicións, prestamos de traxes…
  • Protección do patrimonio artístico.
  • Actividades nos colexios para promocionar a figura do Felo.
  • Actividades encamiñadas á promoción da figura do Felo.
  • Organización de exposicións en xeral e cantas actividades se poidan realizar.

A actividade fundamental da asociación é o percorrido dos Felos a través das aldeas da Serra, o Sábado e o Domingo de Entroido. Os Felos saen a partir do San Manuel ata o Martes de Entroido.

Xeralmente, o concello de Maceda apoia economicamente as actividades dos días de Entroido.

Actividades que a Asociación realizou ou coas que colaborou:

Dende o ano 95 ata o 2003 os felos fóronse xuntando ata acadar a asociación

  • Nos anos 95-96, participación dos Felos no programa “O Luar” da TVG.
  • No ano 98, participación nun magosto en Ermua, cunha representación dos comerciantes locais para promocionar os produtos da zona.
  • No 99-2000, participación no Entroido de Madrid convidados pola Asociación de Comerciantes Galegos.
  • No 2001, exposición nas instalacións do concello de Maceda e charla informativa.
  • No 2002, exposición do traxe de felo en Lisboa.
  • No 2004-2005, obradoiro de confección do traxe de Felo
  • No 2006, publicación do traballo de 5 poetas arredor dunha serie fotográfica de Emilio Araúxo (editorial Amastra-n-gallar). Presentación, no Centro Galego de Arte, de 23 retratos de Emilio Araúxo.
  • No 2008, participación na exposición Caretas de Entroido no Museo Liste (Vigo).
  • No 2009, celebración dun concurso, entre os artesáns da zona, para mercar a carauta do traxe da Asociación.
  • No 2010, exposición Anxo Pastor.
  • No 2011, exposición de retratos e poemas de Emilio Araúxo en Marsella.
  • No 2013, recompilación de toda a información escrita e gráfica para presentar a petición de Festa de Interese Turístico de Galicia para o Entroido de Maceda. Apertura da bitácora “Felos de Maceda” como plataforma en rede para a recompilación e a difusión de todo o material do que dispón a Asociación, e cun seguimento das súas actividades. Participación na “Fiesta de la Primavera” de Murcia.
  • No 2014 Préstamo do traxe de Felo o Museo do Entroido Galego de Xinzo Limia, préstamo dun traxe para o supermercado Aquie en Santiago de Compostela, préstamo de traxe para exposición fotográfica en Ribadavia, presenza dos Felos na Feira Gastronómica Xantar(Ourense), presenza dos Felos no desfile de Entroidos de Galiza en Santiago de Compostela.

O poeta-filósofo Emilio Araúxo participou, cada ano, no desfile e publicando fotografías e poemas. Convidou a poetas estranxeiros a participar da súa obra.

Particípase activamente cos medios de comunicación, concedendo entrevistas para explicar a orixe da festa e as partes do traxe.

Hai que agradecer a axuda do escritor Santiago Prol na clarificación da historia da figura do Felo e a difusión da mesma nas súas obras.