Accións:

Para levar a cabo os seus fins, a Asociación organizará as seguintes actividades:

• Conferencias e charlas de difusión cultural.
• Visitas a exposicións.
• Protección do patrimonio artístico.
• Actividades nos colexios para promocionar a figura do Felo.
• Actividades encamiñadas á promoción da figura do Felo.
• Organización de exposicións en xeral e cantas actividades se poidan realizar.

A celebración do Entroido en Maceda, e máis concretamente os actos que teñen como protagonista a este persoeiro, “O Felo”, é recoñecido como un dos entroidos máis singulares de Galicia, diferenciado das festividades veciñas xa que conta con elementos característicos e únicos.

A data de orixe da festa non esta clara, temos constancia documental e fotográfica dun traxe que data do ano 1890 polo que levan recorrendo camiños mínimo 120 anos, tivo unha época de recesión sendo moi feble a presenza do Felo e volvendo outra vez con forza nos anos 80. É a partir desta data cando se comeza a traballar dende talleres nos colexios, promoción en prensa, inclusión dos homes casados e de mulleres e nenos -ata eses anos vestirse de Felo era exclusivo dos homes solteiros- talleres de elaboración do traxe, etc.