Fins:

Os principais fins desta asociación son:

  • Promover o Entroido e a figura do Felo entre a xuventude.
  • Promoción, formación e integración social das aldeas da contorna de Maceda.
  • Desenvolvemento comunitario da localidade sen interese lucrativo algún.
  • Promoción da Lingua Galega.
  • Realización de actividades orientadas á xuventude.
  • Recuperación de tradicións e costumes.
  • Promocionar a figura do Felo entre a xente do concello.

A duración desta asociación é de carácter indefinido e só se disolverá conforme aos estatutos e a vontade dos/as asociados/as.

Esta réxese segundo os principios democráticos, contados no marco da Constitución e do resto de ordenamentos xurídicos.