Os alumnos de Infantil e Primaria tiveron a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando a diversión a toda a veciñanza.
Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.
A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un coloquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe.
Estas actividades complementáronse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar na páxina web do centro