O 23 de outubro de 2014 sae publicado no D.O.GA. o acordo de declarar o Entroido de Maceda, e especialmente a figura do Felo como festa de interese turístico de Galicia en acordo de… de data….
“De acordo co procedemento para a declaración de festas de Galicia de interese turístico regulado no capítulo III do Decreto 39/2001, unha vez examinadas as solicitudes presentadas, e emitidos os preceptivos informes pola Delegación Territorial, reuniuse a comisión de valoración que analizou as solicitudes e acordou elevar ao Consello da Xunta para a súa aprobación a proposta”, segundo se informaba desde a Administración autonómica.
Á hora de aprobar esta declaración tíñanse en conta “os requisitos de antigüidades mínima de dez anos, a singularidade e orixinalidade das celebracións, así como o seu arraigamento popular e o seu valor cultural. Así mesmo, tivéronse en conta criterios como a afluencia de visitantes, a calidade dos actos que configuren a celebración, a creatividade da mesma, e o adecuado coidado dos contornos paisaxísticos, urbanos e monumentais, entre outros”.
Neste consello aprobábase a declaración de Festa de interese turístico de Galicia para o Entroido de Maceda “do que non se ten clara a súa orixe, aínda que se ten constancia documental e fotográfica dun traxe do ano 1890, e na actualidade celébrase de xeito interrompido desde o ano 1997. Este Entroido é diferente do resto dos entroidos pola forte personalidade do seu protagonista “O Felo”, non só pola súa vestimenta e máscara, senón polo seu comportamento, posto que é a autoridade nestas datas” segundo a Xunta.
Conxuntamente aprobouse esta declaración tamén para…