Os Bolouros 2018

ACTIVIDADE SUSPENDIDA.

Organizado pola Asociación de Felos da Corga da Serra ca colaboración do Concello de Maceda, o sábado 3 de febreiro de 2018 a partir das 17:30h. “Bolourada” na Aira dos Patos de Tioira, amenizada pola Charanga “A Felga” de Maceda.

A partir das 19h. será a Asociación Taberneiros do Pobo os encargados da Cea (Empanada, Chourizos, pan, viño e auga) cun prezo 5 € por persoa.

Venda anticipada de entradas nos seguintes locais: O Lar dos Felos (Tioira), Ferretería Aldraba, Umpalumpa Café-Teatro e A Cervexería (Maceda).

O Prazo para poder mercar unha entrada remata ó 30 de Xaneiro de 2018.