Traxe

FELO, TRAXE
O Felo de Maceda asemellase -aínda que con elementos externos diferenciados- coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín e caracterízase por ter unha figura “máis primitiva e masculinizada”

As máscaras son talladas en madeira, o traxe é o símbolo da virilidade máis exacerbada: camisa branca, gravata, chaquetilla similar á dos toreros con galones dourados, hombreras con charretas de militar, medias negras, calcetíns de lá brancos, pololos, ringleiras de borlas de distintas cores, unha colcha con freques claros ao redor da cintura para amortiguar os golpes das cinco chocas, o ruído das chocas como elemento para espantar a lobos e malos espíritos, utiliza botas, a causa do frío, collares varios, o bastón na man, que usa de forma intimidatoria e carantoña de madeira cocida tallada e lata pintada con figuras de animais ou aves rapaces propios da Serra de San Mamede, rabo de raposo non alto dá mitra.

En canto á chaquetilla, crese que os atuendos son os mesmos que utilizaron os soldados na batalla de Napoleón e nas guerras Carlistas, e que se estenderon a outras localidades. “Está documentado que 500 soldados deixaron unhas 40 chaquetas en Castro de Escuadro” na terceira Guerra Carlista, e que “perduraron ata a actualidade.