Anuario Prensa 2003

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

Constituese a Asociación Felos da Corga da Serra

O 9 de outubro de 2003 constitúese a Asociación Felos da Corga da Serra co fin de canalizar, protexer e promocionar a figura do Felo.

Hai catro tipo de socios: os fundadores, os numerarios, que ingresan a posteridade da acta fundacional, os honorarios e os infantís.

Os principais fins desta asociación son: Promover o Entroido e a figura do Felo entre a xuventude, promoción, formación e integración social das aldeas da contorna de Maceda, desenvolvemento comunitario da localidade sen interese lucrativo algún, promoción da Lingua Galega, realización de actividades orientadas á xuventude, recuperación de tradicións e costumes, promocionar a figura do Felo entre a xente do concello.

Para levar a cabo os seus fins, a Asociación organizará as seguintes actividades: conferencias e charlas de difusión cultural, visitas a exposicións, protección do patrimonio artístico, actividades nos colexios para promocionar a figura do Felo, actividades encamiñadas á promoción da figura do Felo, organización de exposicións en xeral e cantas actividades se poidan realizar.

A actividade fundamental da asociación é o percorrido dos Felos a través das aldeas da Serra, o Sábado e o Domingo de Entroido. Os Felos saen a partir do San Antón ata o Martes de Entroido.

Entroido 2003

Durante o mes anterior o Entroido desenroláronse nos colexios de Maceda unhas unidades didácticas para achegar a figura do Felo os nenos e animalos para a festa.

O venres día  29 de febreiro conferencia no instituto de Maceda sobre os Felos.

Sábado, 1 de marzo percorrido dos Felos polos pobos da Serra de San Mamede visitando Castro de Escuadro, Cimadevila, Santirso, Pías, Sarreaus, Tioira, Barxela, Vilardecás e Xinzo da Costa, un cocido con tódolos participantes no Restaurante la Diligencia invitación do Concello.

Festa animada por charangas polas rúas da vila de Maceda o domingo día 2 de marzo.

Luns día 3 baile de disfraces no Centro Social a partires das cinco da tarde e festa infantil na disco pub “Aqua” entre as seis da tarde e as nove da noite.

Martes día 4 desfile de Carnaval Urbano polas rúas de Maceda dende as cinco da tarde e animación musical. Premios en categoría individual e grupo de hasta 5 membros de 90, 60 e 30 euros, grupos de máis de 6 participantes 120, 90 e 60 euros e para carrozas 150, 120, 90 y 60 euros sendo premiadas tódalas carrozas participantes con 30 euros.

Para rematar o mércores día 5 enterro do Entroido na praza das Toldas ás oito da noite con tódalas asociacións culturais e veciñais.

Desfile Urbano 2003

Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Organizado desde As Canteiras e cruzando pola rúa principal abren o desfile os Felos e despois van participando as distintas carrozas e comparsas.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Desfile Martes de Entroido por Maceda ano 2003